Este martes remata o prazo para participar no Depor Campus de Outes

17 Xuño 2024

O Concello de Outes e o Real Club Deportivo da Coruña presentaron a terceira edición do Depor Campus de Outes, unha iniciativa de formación e lecer deportivo na que nenas e nenos do concello poderán avanzar nas súas habilitades futbolísticas da man dos instrutores da entidade coruñesa en tódalas súas actividades. O Depor Campus de Outes (Campus Cabreiroá) desenvolverase este mes de xuño, entre os días 24 e 28, en horario de mañá. O prazo de inscricións remata este martes 18 de xuño ás 14.00 horas. As persoas interesadas en participar teñen toda a información que precisan na web do Depor Campus. Este programa de formación deportiva estival tamén está previsto que se leve a cabo en Boiro entre o 15 e o 19 de xuño, coa colaboración da emresa JEALSA.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...