En Boiro trasladado en helicóptero un home ao que acometeron unhas vacas

04 Xuño 2024

Os feitos ocorreron en Enseño, na parroquia de Cures, e o ferido foi evacuado ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago.

O 112 Galicia tivo constancia contra as 11 horas, a través do relato dun veterinario que traballaba no lugar: estaba a vacinar unhas vacas cando estas botaron a correr, arremetendo contra un home, que ficou inconsciente.

De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias informou a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos axentes da Garda Civil e á Policía Local e ao Servizo Municipal de Protección Civil de Boiro.

Nese momento, os servizos sanitarios indicaron que estaban a enviar unha dotación a bordo dun helicóptero medicalizado, que se encargou de trasladar ao ferido ao centro hospitalario compostelán.

Outros artigos

Convocada a XIII edición do Concurso de Poesía Albariza de Artes

O Centro Recreativo e Cultural de Artes, en colaboración co Concello de Ribeira (Área de Cultura) presentou o cartel e as bases do nova convocatoria do Concurso de Poesía Albariza de Artes, certame que alcanza este ano a súa décimo terceira edición. Esta iniciativa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.