DAGA Barbanza celebra en xullo un curso de elaboración de hidromel

26 Xuño 2024

DAGA do Barbanza Salnés (a Delegación da Asociación Galega de Apicultura que dirixe Fernando Cores) vai organizar este verán un curso formativo de elaboración de hidromel. Celebrarase o 13 de xullo en formato presencial, no número da rúa Condado na Pobra do Caramiñal, en horario de mañá (de 10.00 a 14.00 horas) e de tarde (de 16.00 a 19.30 horas). A actividade (teórica e práctica) será impartida por Argimiro Porto. Quen precise máis información do curso pode chamar ao número 609831755 ou ben enviar un correo electrónico á conta dagabarbanzasalnes@apiculturagalega.gal.

Para quen non o saiba, o hidromel é unha bebida alcohólica fermentada a base de mel e auga. Consumida desde a antigüidade, a súa fabricación é anterior á do viño e seguramente á da cervexa, segundo se fai saber na Galipedia, onde se engade que tamén foi unha bebida consumida polas culturas celta, saxoa e viquinga, e mesmo, alén do Atlántico, pola cultura precolombina dos maias.

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.