Concentracións nos centros de saúde de Ribeira para reclamar máis persoal médico

14 Xuño 2024

Os centros de saúde de Ribeira, entre os que se incluíu o de Santa Uxía (na imaxe) acolleron na xornada deste venres 14 de xuño concentracións veciñais para reclamar unha meirande dotación de persoal médico. Segundo explicaron os cidadáns reunidos nos ambulatorios, o incremento dos facultativos é fundamental para “evitar demoras e garantir unha boa atención á poboación”.

Membros do Goberno municipal de Ribeira estiveron presentes para mostrar o seu apoio. Lembraron que “dende o Executivo de Ribeira temos solicitado unha reunión coa Consellería de Sanidade para tratar de solucionar os problemas que hai nos centros sanitarios do municipio tanto a necesidade de cubrir todo o persoal de baixa e as vacacións, como as necesidades de mellora dos edificios”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.