Chega (en Ribeira) a cuarta edición da Carreira 5K El Canario

04 Xuño 2024

O concelleiro de Deportes de Ribeira, Xabier Vidal, presentou este martes 4 de xullo, xunto a Clara Millares, a cuarta edición da Carreira 5K El Canario en homenaxe a José Nespereira, que se celebrará o vindeiro domingo 16 de xuño.

Segundo explicou Vidal, o evento contará con 15 categorías dende os 3 anos ata os 65, e tamén acollerá a zapatilla inclusiva e unha carreira por parellas”. O concelleiro animou a tódolos deportistas e atletas do concello a participar.

Pola súa banda, Clara Millares destacou que a saída e a meta da carreira estarán na praza Pablo Neruda, ao igual que a recollida de dorsais. “O circuíto será urbano, e habilitaranse as duchas da Fieiteira para todo aquel que precise dispor dese servizo”, sinalou, engadindo que a carreira 5K será a partir da categoría sub-18, mentres que a categoría sub-16 inclúe tres voltas arredor do Concello, sub-10, 12 e 14 serán dúas voltas arredor do Concello, sub-8; unha volta ao Concello, e os pitufos correrán 150 metros, para os que haberá unha medalla conmemorativa da carreira.

As inscricións para a 5K, a carreira por parellas e a zapatilla inclusiva terán un prezo de 6 euros, mentres que o resto serán gratuítas. Haberá trofeos e premios en metálico para os tres primeiros da absoluta, masculina e feminina, e tamén para a persoa que bata o récord da carreira, que nestes momentos está en 15,13 minutos o masculino; e o feminino en 16,49 minutos. “O homenaxeado, José Nespereira, ten un récord de 14,37 minutos, e haberá tamén un premio especial para aquela persoa que consiga batelo”, explicou Clara Millares.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...