Brillante primeira xornada en Vilagarcía cunhas condicións inmellorables para a navegación

28 Xuño 2024
Fotografías da primeira xornada de competición na ría de Arousa © Juan Caballero

A Semana Galega da Vela non podería empezar mellor na Ría de Arousa, cunhas condicións inmellorables para a navegación, mandando o vento do norte cunha intensidade media de 10 nós.

Esta compoñente permitiu empezar en hora, coa Oficial Principal da regata, Loli Camba, iniciando a primeira das probas ás tres da tarde, cumprindo o programa completo desta primeira xornada que eran dúas mangas para as dúas primeira modalidades convocadas para o venres na auga: Optimist, con 100 nenas e nenos; e ILCA 4, a máis xuvenil do Láser, cunha quincena de regatistas navegando, algúns deles e elas, a súa primeira proba tras o paso pola vela infantil do Optimist.

Precisamente nesta Clase domina a Semana Galega da Vela o membro do equipo de regatas do Real Club Náutico de Vigo, Alejandro Alonso, con 6 puntos, froito dun cuarto e un segundo parciais. Alonso tamén é titular da categoría Sub13, o que aínda lle achega máis mérito ao novo regatista. Séguelle no podio provisional o coruñés Federico Pardo, tamén Sub13, do Real Club Náutico da cidade herculina, con 10 puntos. E é bronce Daniel Iglesias, do Club Náutico e Deportivo de Riveira, con dous puntos máis que o segundo. A primeira clasificada en categoría feminina é Carmen Bermejo, quinta na xeral, tamén do Real Club Náutico da Coruña.

En ILCA 4 gran día para a representante do Real Club Náutico Sanxenxo, Lucía Vaquerizo, que lidera a proba con dúas mangas nas que fixo unha prata e un ouro, con 3 puntos. Cun máis, na segunda praza, atópase Pedro Núñez, do Real Club Náutico da Coruña. E o terceiro banzo provisional do podio é para cangués do Real Club Náutico da localidade do Morrazo, Jorge Costas, con 8 puntos.

O sábado arrinca o resto de modalidades, sumándose ao ILCA 4 e ao Optimist os 420, Fórmula Wind Foil, ILCA 6, Vaurien e un dos pratos fortes desta semana Galega da Vela, o Campionato Ibérico de Radiocontrol.

Fotografías da primeira xornada de competición na ría de Arousa © Juan Caballero

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.