“Altri é un novo aldraxe aos galegos baseado nunha política capitalista?”. Antón Luaces

29 Xuño 2024

A xente do mar protesta polo dano que se derivará para a ría de Arousa e a pesca e o marisqueo que esta acubilla, derivado dos vertidos que a esta ría vai facer a pasteira que se pretende instalar en Palas de Rei; os agricultores (labregos é máis noso) e gandeiros amosan o seu rexeitamento ao dano que esa industria de capital portugués -que os lusos non queren- causará ao río Ulla e ás terras da contorna, e ducias de organizacións medioambientalistas opóñense duramente á creación dunha industria que Galicia non precisa e que os galegos non queren polos efectos negativos que para boa parte da comunidade autónoma vai ter, segundo todas as previsións (agás as da Xunta e o partido político que apoia a esta).

O certo é que a experiencia dos galegos -especialmente a dos pontevedreses- en relación coas pasteiras (ENCE, nomeadamente) non deixa dúbidas na relación causa-efecto. De aquí que non resulte estrano que, dende o sindicalismo galego se signifique que “amplísimos sectores non aliñados da sociedade galega teñen firme conciencia sobre o verdadeiro significado que tería a instalación de Altri en Palas de Rei”· Engade a CUT (Central Unitaria de Traballadores) que “non se pode entender o

aldraxe do proxecto de Altri como a simple perversidade dunha empresa  depredadora” porque o soporte do proxecto “só é entendible no contexto dunha política capitalista colonial deseñada nun tempo e nun lugar, como no seu día foi a instalación de Celulosa-Elnosa na Ría de Pontevedra”. Redondea CUT a súa formulación aducindo que “a razón de Altri enmárcase en toda intencionalidade  sistémica, con independencia da cor política circunstancial ou protagónica”. 

O sindicato bota man á memoria do carácter colonialista dos anos 60 e 70 para vincular o proxecto de Palas de Rei ao “sometemento político e económico dos territorios da periferia das metrópoles”. E coma de esgallo, olla á concesion pola Xunta á empresa Atalaia Mining “a declaración de Proxecto Industrial Estratéxico (PIE) para a posta en actividade da Mina de Touro-O Pino” declaración que a CUT entende coma unha “afronta aos pobos afectados que levan anos e anos reclamándolle á Xunta e á empresa o cumprimento da lexislación aplicable en materia de contaminación”.

Pola súa banda, a Asociación Ecoloxista ADEGA recolle o informe de RadioCema segundo o que o proxecto de Altri en Palas “provocará danos irreversibles sobre flora única no mundo”. Trátase de catro especies endémicas estritas, tres delas en perigo de extinción e outra vulnerable, así como varios hábitats de interese prioritario para a UE.

Mañá, domingo, 30 de xuño, numerosas organizacións cívicas, culturais e ecoloxistas, convocan unha mobilización para “arrodear a Xunta” ao berro de “Altri non”, ás doce da mediodía.

Outros artigos

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.