A oposición á instalación no concello de Palas de Rei (Lugo) dunha macrocelulosa, supera o meramente local e amplía o seu ámbito abranguendo un movemento social que vai máis aló do que a fábrica de pasta de papel e a propia Xunta de Galicia deixan traslucir. Os movementos veciñal e ecoloxista que prantan cara á construción da factoría de capital luso, evidenciaron o apoio popular que os sustenta na concentración de protesta levada a cabo o pasado domingo por veciñanza e ecoloxjstas, que deixaron en Palas a evidencia da non inocuidade do proxecto que, segundo afirman, “devorará” 1,2 millón de toneladas de eucalipto reprantado básicamente nos montes galegos.
O prexuizo de Altri vai máis aló, segundo informan voceiros das comarcas afectadas: A Ulloa e a da Arousa, terra e mar, onde nace e onde desauga o río Ulla, un dos máis importantes de Galicia e cuxo curso ven ser, durante 132 quilómetros, divisorio entre as provincias da Coruña e Pontevedra para verter na ría un caudal medio de case que 80 metros cúbicos por segundo. Son afluentes seus outros ríos menores e históricos: Deza e Sar. Antes de desaugar no Atlántico pola vila pontevedresa de Valga, o Ulla rega as terras de catro municipios da provincia de Lugo, seis da provincia de Pontevedra e oito da Coruña. En resumo, 18 concellos dos que Altri zugará, segundo as previsións, 46 millóns de litros de auga diarios, aproximadamente o que consome unha poboación de mais de 300.000 persoas (a cidade de Vigo, máis ou menos).
Para o director de operacións de Altri en España, Pedro Baptista,a pranta de fibras téxtiles que se proxecta en Palas de Rei. Cjmrirá con todos os requisitos medioambientais esixiudos pola lei: irá “màis aló”. Unha canción cuxa letra resulta amplamente coñecida en Galicia e que comezou a escribirse no devalo dos anos 60 do século pasado cando, a maxestosa factoría de ENCE de Pontevedra, tampouco ía crear problemas medioambientalistas. Sesenta anos máis tarde da súa construción, moi poucos -coa excepción dos traballadores da factorìa defenden a continuidade da celulosa e os seus vertidos á ría de Pontevedra.
Repetir a experiencia non está no ideario da cidadanía galega.



