“Adelgazar a frota propia para que pesque a de terceiros países” – Antón Luaces

09 Xuño 2024

A Unión Europea centra na sostibilidade o obxectivo primordial da política pesqueira común. Aparentemente, é máis importante como se xestionan o recursos pesqueiros que o beneficio que a poboación tira do feito de pescar. Si, todos cremos que o que importa é garantir a permanencia do recurso no caladoiro (de aquí que se fixen TAC e cotas) e que sexamos quen de asegurar alimentos saudábeis a prezos asumíbeis. Véndennos futuro que ninguén garante.

Mais non é así: a UE fixa cotas nacionais de capturas de peixe para cada Estado membro. Son os TAC (totais admisibles de capturas), as cantidades máximas de peixes de poboacións específicas que poden ser capturadas (en toneladas ou número) que, sen embargo, non serven por igual ás distintas frotas comunitarias que ás dos terceiros países de procedencia da mesma, dándose o paradoxo da merma ou adelgazamento da frota propia dos 27 Estados da UE a costa de que no seu territorio entre o 75% do peixe que aquí necesitamos procedente, cousa curiosa, de países terceiros, que é o que sufrimos os españois cando Francia guindaba ás estradas e autoestradas os produtos do agro español mentres abría de par en par as portas aos mesmos produtos procedentes de Marrocos, Alxeria, Mauritania, etc. 

Do mar, transaccionamos unha pesca que, como titulaba unha información deste sábado dun xornal galego, “vestimos” de verde o que agora reclama un rol protagonista para alimentar a Europa: “Quen con lobos anda, a ouvear aprende”, di o refràn.

A UE é o maior mercado mundial de alimentos mariños, sexa pesca ou produtos da acuicultura (o 75% peixes salvaxes). Pero calamos globalmente: que o organismo UE reciba beneficios por todo este intercambio (ti dásme produtos que eu pago en euros) non significa que países membros como España ou Portugal, por citar algúns deles, se beneficien do mesmo xeito que o fan Francia, Irlanda, Italia, etc. Eis o motivo polo que tanto interesa a España negociar nos Consellos de Ministros Europeos de Agricultura e Pesca os TAC e cotas anuais cos que posteriormente han lidar cada Estado membro. 

En España consumismo pescada, bacallau, salmón, bocareu e sardiña, atún, linguado, robaliza e xarda; e os que máis comemos en España son a pescada (grande e pequena) e o xurelo, a xarda, a sardiña e o bocarte, todos eles capturados maioritariamente no caladoiro Cantábrico e Noroeste. Curiosamente nestas especies e onde a UE exerce un máis estrito control que o Goberno amplía máis se cabe ao aplicar medidas restritivas como os dereitos de pesca que priman -vexan señores, vexan- aos barcos que máis pescan (e non porque as tripulacións sexan as millores, que o poden ser, non digo nada). 

Este é o dereito de igualdade que se proclama neses Consellos de Ministros comunitarios e, sobre todo, a defensa do sector pesqueiro e a do seu futuro enmarcada na Política Pesqueira Comunitaria (PAC). 

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...