O Concello de Dodro presenta unha nova edición da Escola de Verán, convocatoria 2024, unha actividade gratuíta con prazas limitadas enmarcada dentro do Plan de Corresponsables do Concello, orientada a achegar á rapazada local alternativas culturais, creativas, de lecer e deportivas durante a época estival.
A Escola está destinada a nenas e nenos de 3 a 12 anos (cumpridos á data de inicio da actividade).
Desenvolverase os meses de xullo e agosto, en catro quendas, unha por quincena; en horario de 9.00h a 14.00h nas instalacións do CPI Eusebio Lorenzo Baleirón.
Prazo de inscrición: ata o 14 de xuño no Rexistro Xeral do Concello (horario de 9.00h a 14.00h).
Pódense consultar as bases na páxina web do Concello e no taboleiro de anuncios da sede electrónica de Dodro.




