A Xunta lanza a web de Redemar para achegar a súa actividade e o coñecemento adquirido ao sector pesqueiro e ao gran público

20 Xuño 2024

O portal, que se desenvolveu en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, amosa o traballo desta rede de colaboración entre os profesionais e os organismos científicos galegos

En 2023 Redemar desenvolveu nove proxectos de investigación e viu incrementado o seu orzamento un 42% este ano ata o 1,8 millóns de euros

A Consellería do Mar creou no ano 2022 ao amparo do Programa Operativo para España do anterior Fondo Europeo Marítimo e Pesca (Femp) a rede de colaboración entre o sector pesqueiro e os organismos científicos galegos co obxectivo de fomentar o intercambio e a transferencia de coñecementos e aportar novas respostas aos desafíos presentes e futuros aos que se enfronta a actividade pesqueira. No seu primeiro ano, esta plataforma estivo desenvolvendo a súa misión entorno a seis grupos de traballo e 9 proxectos de investigación que contaron coa participación das tres universidades galegas, do Centro de Investigacións Mariñas (CIMA), das federacións de confrarías Galega e da provincia de Pontevedra así como de máis de 18 pósitos.

Na liña de ampliar as canles de intercambio de información e a visión xerada sobre as actividades do seus membros a Xunta lanza a web de Redemar co obxectivo tamén de que sirva como novo escaparate tanto dentro como fóra do sector do mar no cal dar a coñecer o traballo que se está a desenvolver entre o gran público. Na páxina web os usuarios poderán atopar diferentes apartados nos que coñecer as xuntanzas celebradas, proxectos e actividades executadas e os seus resultados, información dos grupos de traballo así como un espazo no que descargar a documentación necesaria para realizar novas propostas á Rede.

O portal, que se desenvolveu en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, (Amtega), emprega ferramentas de código aberto e garante os requisitos de usabilidade e accesibilidade que estable a Administración autonómica na súa política de presenza en internet.

Novo reforzo

A Xunta dá un novo paso no reforzo da actividade de Redemar que viu incrementado o seu orzamento esta ano nun 42% ata alcanzar o 1,8 millóns de euros. Desde a Consellería do Mar ponse en valor a decidida aposta pola capacidade investigadora galega ao servizo das necesidades reais en materia de ciencia mariña e de aí a necesidade de continuar potenciando esta plataforma como punto de conexión  na que orixinar máis oportunidades de colaboración que permitan constituír novos proxectos de investigación en beneficio do mar de Galicia.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.