A Xunta aposta pola formación dos profesionais do mar para o desenvolvemento do pescaturismo e o turismo mariñeiro

22 Xuño 2024

A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Marta Villaverde, participou na entrega de diplomas no Casino de Noia dos cursos de turismo mariñeiro para marisqueo a pe e pesca turismo que impartiu o Galp Costa Sostible desde febreiro ata maio. As accións formativas foron realizadas en horario de mañá e de tarde co obxectivo de facilitar á asistencia en función da dispoñibilidade dos asistentes, participando un total de 76 persoas en ambas formacións, 18 nos de pesca turismo e 58 nos de turismo mariñeiro para marisqueo a pe.
Por un lado, foron realizados catro cursos dirixidos ao marisqueo a pe, a metade para ás mariscadoras de Muros e a outra metade para as profesionais de Noia. Os mesmos consistiron en 20 horas de formación teórica e unha visita práctica para ver o desenvolvemento de unha actividade de turismo mariñeiro, neste caso a Amar Carril, e seis horas de titorías especializadas para o deseño dunha posible actividade de turismo mariñeiro. Tamén se realizaron outros dous cursos, un para os traballadores do mar de Noia e outro para os de Muros, sobre pesca turismo seguindo o mesmo esquema. Nesta ocasión a visita práctica foi o embarque como turistas nunha embarcación na que se ven desenvolvendo esta actividade. Así todo, hai dous participantes que xa amosaron a súa intención de desenvolver esta actividade de cara ao próximo verán.
A través destes cursos os participantes adquiren coñecementos para poñer en práctica actividades complementarias á actividade principal da pesca como son a pesca turismo e o turismo mariñeiro. Estas actividades non só proporcionan un ingreso adicional, senón que tamén permiten diversificar a economía local, reducir a presión sobre os recursos mariños e promover unha maior sustentabilidade nas nosas prácticas pesqueiras. Ao compartir o noso coñecemento e cultura con visitantes, fortalécese a conexión entre a comunidade pesqueira e a sociedade, xerando un impacto positivo na conservación da nosa contorna e na valorización do noso patrimonio marítimo.

Outros artigos

Domingo, San Cristovo, día pasado por choiva e baixa temperatura

Durante a xornada do domingo, día de San Cristovo, quedaremos na influencia dun centro de baixas presións, con ventos húmidos do suroeste. Con esta situación, os ceos estarán moi nubrados, con chuvias febles e intermitentes, máis probables no litoral oeste, aínda que...

+

Acordo para pescar en caladoiros arxentinos

O Executivo de Javier Milei despexa o futuro para os barcos galegos con cotas de pescada para 15 anos A intención de Milei de establecer un sistema de poxa para as licitacións internacionais mantiña en tensión a frota de capital galego que pesca nos caladoiros...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cordura y centralidad”. Alberto Barciela

“Cordura y centralidad”. Alberto Barciela

Los anhelos, las ambiciones desmedidas, pero también las más o menos comprensibles, se confunden entre tantos escombros, entre los cascotes de lo que fueron los valores consensuados por la sociedad, la política, la Justicia, la economía. Incluso las referencias...