A Policía Autonómica esclarece dous incendios forestais nos concellos de Ribeira e Rianxo

14 Xuño 2024

Axentes do Grupo de Investigación de Incendios da Policía Autonómica en Santiago veñen de esclarecer dous incendios forestais, un deles rexistrado o pasado 24 de abril no concello de Ribeira e outro o 23 de maio en Rianxo.

O lume de Ribeira produciuse no lugar de Deán Grande e afectou 75 metros cadrados de terreo agrícola. Nunha primeira inspección ocular, os axentes observaron que na parcela se atopaban restos de rozas agrícolas. Na extinción do incendio participaron un axente forestal, 2 cuadrillas e o Grupo Municipal de Emerxencias de Ribeira.

No caso do incendio en Rianxo, rexistrouse no lugar de Abuín, queimando 40 metros cadrados de terreo forestal arborado e na súa extinción traballaron un axente forestal e unha motobomba.

Os axentes identificaron e investigaron como presunta responsable do lume á persoa que executou os traballos de roza en Ribeira e ao presunto autor da neglixencia á hora de realizar queimas en Rianxo.

As dilixencias por ambos lumes trasladáronse ao Xulgado de Instrución de Garda de Ribeira.

A Policía Autonómica leva investigadas no que vai de ano un total de seis persoas como presuntas autoras de incendios forestais.

A Xunta apela á concienciación e á prudencia de cara a evitar o rexistro de incendios. Así mesmo, o Goberno galego lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar no caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085.

GAEM Ribeira

Outros artigos

O alumnado do Tahume XI mellora novos espazos públicos de Ribeira

O Obradoiro de Emprego Tahume XI, impulsado polos Concellos de Ribeira e O Porto do Son, continúa avanzando con traballos en novos espazos nos dous termos territoriais da nosa comarca. No caso de Ribeira, o alumnado do certificado profesional de Actividades auxiliares...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Abusos e indefensión” – José Manuel Pena

“Abusos e indefensión” – José Manuel Pena

Cando existe unha emerxencia habitacional, todas as Administracións Públicas teñen que poñerse as pilas para garantir o Dereito á Vivenda, recoñecido na Constitución española así como en moito Tratados e Organismos Internacionais. Algúns nos preguntamos, actualmente,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.