A Pobra dá continuidade aos obradoiros de arte floral nar parroquias

19 Xuño 2024

A veciñanza da Pobra do Caramiñal potencia nas últimas semanas a súa creatividade a través dos cursos de arte floral organizados pola Concellaría da Participación Veciñal no afán de dinamizar o rural con actividades. Estes obradoiros impártense neste mes de xuño no centro sociocultural da Ribeiriña, se ben xa estiveron en funcionamento no do Campiño en maio.

Adobíos para estancias, grilandas ou complementos para eventos festivos son algúns dos elementos confeccionados nestas semanas seguindo as instrucións de profesionais das florarías.

Outras accións impulsadas no que vai de ano por parte da Administración local para a revitalización dos núcleos rurais son a creación dun xardín veciñal, exercicio terapéutico baseado no tai-chi e os obradoiros de artesanía Feito coas túas mans: unha serie de propostas tamén encamiñadas a xerar un espazo de encontro para a veciñanza.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...