A oferta turística estival da Pobra inclúe buses lanzadeira ao miradoiro da Curotiña e ao río das Pedras

26 Xuño 2024

A Concellaría do Turismo da Pobra do Caramiñal lanza este verán un convite a coñecer os tesouros do territorio e “experimentar tódolos recursos naturais e patrimoniais que o municipio ofrece”. Faino baixo o slogan A Pobra do Caramiñal: vive a experiencia… e que se encargaron de debullar a concelleira do Turismo, Estefanía Ramos, e as técnicas municipais desta área, Sara Sánchez e Ángeles Tubío.

“Quen visite A Pobra durante o verán poderá gozar de tódolos recursos cos cales contamos. Temos paisaxe, patrimonio, cultura… E, na liña estratéxica que segue a Concellaría do Turismo, queremos potenciar esta riqueza con accións diferenciadoras cunha forte compoñente marítima, pero tamén coa vista posta na serra. Por iso deseñamos unha ampla e heteroxénea axenda con alternativas de lecer que lle acheguen un valor engadido á estadía na localidade, pero que tamén lle permita á nosa veciñanza redescubrir o seu municipio. Presentamos un programa que convida a experimentar todo canto temos para ofrecer, con propostas xa consolidadas no tempo e con moi boa aceptación, pero outorgándolle unha nova dimensión coa incorporación de buses lanzadeira a dous dos principais reclamos paisaxísticos”, salientou a edil.

Este servizo con dirección ao miradoiro da Curotiña habilitarase no 23 de xullo e nos días 6, 13 e 20 de agosto; e porá en marcha ao río das Pedras (na contorna da Aldea Vella) no 8 e no 22 de agosto. Partirá dende as inmediacións do parque do Castelo ás 10.30, 11.30 e 16.30 horas. O custo é de 2’50 euros por persoa e viaxe.

Coa vista posta nas piscinas naturais, apóstase novamente polas rutas guiadas por “esta paraxe de gran riqueza e singularidade”, destacaron dende o Concello, engadindo que as excursións efectuaranse no 26 de xullo e nos días 9 e 23 de agosto, ás 10.00 horas. Ten unha duración de 3 horas, que se traducen en aproximadamente 2 quilómetros a pé. A dificultade é media-alta, polo cal está recomendada para maiores de 12 anos. O importe por aboar é de 15 euros por persoa e inclúe o traslado nun microbús para observa-la panorámica dende o miradoiro de Valle-Inclán.

Poténciase, ademais, o turismo náutico, porque ás saídas en catamarán ao Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas súmanse dúas accións con moi boa acollida: o turismo mariñeiro e as viaxes en veleiro.

Coñecer os recursos marisqueiros presentes no litoral, os aparellos que se empregan para a súa extracción e pórse na pel dos/as profesionais do marisqueo de a pé: todo isto vivirán as persoas participantes nestas sesións que se desenvolverán na praia dos Areos. As datas elixidas son os días 12, 19 e 24 de xullo, así como os días 2, 8, 16 e 30 de agosto, sempre no horario da mañá. O prezo establécese nos 12 euros por persoa adulta e nos 6 euros para menores de 10 anos.

Ademais, o veleiro Mascato tamén volverá sucar as augas da ría da Arousa para brindar a posibilidade de apreciar a paisaxe e o patrimonio costeiro “dende outra perspectiva”. Estas pequenas singraduras terán lugar nos meses de xullo (sábados e domingos a partir do día 13) e agosto (sábados e domingos ata o día 18). O traxecto ten unha duración de hora e media con saídas en quendas de mañá e de tarde: ás 11.00, 13.00, 17.00 e 19.00 horas. A contía por pagar é de 15 euros por persoa adulta, mentres que baixa aos 10 euros para menores de 12 anos.

Máis información e inscricións na oficina do turismo, situada na Casa Mariñeira; no enderezo electrónico turismo@apobra.gal; ou nos teléfonos de contacto 981843280 (marcando a extensión 2035), 671090262 e 687482835.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana”. Mario Clavell

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.