
A Patrulla Fiscal e de Fronteiras (PAFIF) da Garda Civil de Noia incautou 1.000 litros de Gasóleo bonificado no Polígono do Tambre. Os feitos sucederon cando os compoñentes da mencionada Unidade, que se atopaban realizando un servizo na zona, observaron a un vehículo especial matriculado cruzando a vía.
Así mesmo, os efectivos actuantes procederon a darlle o alto para realizarlle un controldel carburante usado, constatando que o mesmo utilizaba gasóleo bonificado. Tras o resultado positivo, os gardas civís inspeccionaron a empresa titular do vehículo, achando durante a mesma un depósito con capacidade para 1.000 litros, o cal contiña gasóleo tipo B.
A Garda Civil procedeu á confección das correspondentes actas denuncia por supostas infraccións á Lei 38/1992 de Impostos Especiais e á Lei 09/2004 de Seguridade Industrial de Galicia, así como á incautación do gasóleo atopado que quedou depositado nas instalacións ao dispor da Dependencia Provincial de Aduanas e o precintado do depósito achado.



