A Casa Museo Manuel Antonio abrirá sábados e domingos (pola mañá) durante o verán

03 Xuño 2024

A Área de Cultura do Concello de Rianxo informou do novo horario de verán da Casa Museo Manuel Antonio, que durante os meses estivais, co obxectivo de achegar o mellor servizo posíbel a visitantes e residentes, estará aberta todas as fins de semana. En concreto, abrirá os sábados de 10:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas, e os domingos de 10.00 a 14.00 horas.

A Casa Museo de Manuel Antonio é o primeiro enclave que abre ao público do proxecto Academia Literaria de Rianxo, que consiste na musealización e posta en valor das casas dos escritores locais Manuel Antonio, Castelao e Rafael Dieste.

Está situada na casa natal do poeta, na rúa de Abaixo, na que viviu até os dous anos e na que pasou frecuentes tempadas ao longo da súa curta vida. O conxunto transcende a visión máis tópica deste tipo de museos, pois conserva diverso mobiliario da familia, proxecta audiovisuais, e expón documentos orixinais e obxectos persoais, así como referencias ao contexto vital e socio-político do autor.
981 866 663 – 604 023 753 (Turismo)

881 988 586 – 881 862 305 – 661 610 085 – 698 148 569 (Museo de Manuel Antonio)

museodemanuelantonio@concelloderianxo.gal

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.