A asociación Lar Gallego de Sevilla foi recibida este luns 10 polo Concello da Pobra

10 Xuño 2024

Máis de cincuenta integrantes da asociación Lar Gallego de Sevilla atópase estes días na terra nai, rememorando a arte, cultura, lingua e gastronomía.

No seu afán de construír pontes de relación entre Galicia e Andalucía, neste 10 de xuño achegáronse ata a casa consistorial da Pobra do Caramiñal, onde foron recibidos polo alcalde, José Carlos Vidal, e pola concelleira do Turismo, Estefanía Ramos.

O rexedor felicitou ao ente por espallar a cultura galega en terras andaluzas e entende que a saudade é o motor principal deste tipo de iniciativas para salvagardar parte da identidade de quen tivo que marchar e tamén garantir unha interrelación entre ámbalas comunidades autónomas. Lembrou, ademais, na súa etapa como bibliotecario municipal, a lectura da revista Anduriña, editada precisamente polo Lar Gallego de Sevilla.

Pola súa parte, a edil desexoulles unha agradable estadía na Pobra do Caramiñal e agradeceu novamente o convite ao Departamento do Turismo para representar a Galicia no XIV Encuentro de Casas Regionales y Provinciales de Sevilla que transcorreu no pasado mes de outubro. Isto posibilitou difundi-los recursos turísticos pobrenses e o folclore galego en territorio andaluz.

Houbo tamén intercambio de agasallos. O Concello da Pobra do Caramiñal recibiu como obsequio un banderín co símbolo da asociación e fíxoselle entrega á expedición de bolsas con material turístico para coñeceren máis sobre todo o que ofrece a localidade.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.