Galicia continuará esta festividade da Ascnesión na influencia das altas presións localizadas ao norte da península Ibérica. Así, os ceos permanecerán pouco nubrados, con intervalos de nubes de tipo alto pola mañá; durante a tarde entrarán nubes de tipo medio que deixarán o ceo algo máis cuberto. As temperaturas quedarán sen cambios significativos ou experimentarán un lixeiro ascenso. O vento soprará frouxo de compoñente leste, con moitos momentos de calma.

O noso mar: Vento do leste á mañá, do noroeste á tarde e variable á noite, forza 1 a 3 á mañá, 2 a 3 á tarde e 1 a 2 á noite. Mar ovellado á mañá e á tarde e mar rizado á noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1 metros.
Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)
- Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
- Praia de Balieiros directo- Corrubedo
- Praia da Ladeira directo- Corrubedo
- Praia das Furnas directo. Porto do Son
- Praia Aguieira directo.Porto do Son
- Portosín. Porto do Son
- Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
- Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
- Centro Náutico do Freixo
- Praia de Carnota



