“Vía Morta” mergúllanos este venres en Rianxo no día a día das persoas refuxiadas

09 Maio 2024

Este venres 10 de maio, a partir das 21:00 horas, o Auditorio de Rianxo acollerá a obra Vía Morta, un espectáculo de Culturactiva e Pallasos en rebeldía que pretende achegarnos dun xeito inmersivo á realidade dos refuxiados e refuxiadas.

Previamente, a partir das 20:00 horas, terá lugar no Auditorio de Rianxo unha charla que leva por título Palestina: cen anos de colonialismo. A través dela poderemos coñecer algo mellor a realidade da situación que está sufrindo o pobo palestino.

Segundo explican dende Culturactiva e Pallasos en Rebeldía, Vía Morta “pretende ser, máis que un espectáculo teatral, unha experiencia a través do teatro: unha montaxe teatral que pretende traer a realidade dos refuxiados e refuxiadas ao público de Galicia a través dunha proposta que converte ao espectador nun refuxiado máis”.

A obra denuncia a traxedia que as políticas migratorias da UE están a provocar. “O teatro non pode ficar impasíbel ante a deliberada política de esquecemento á que as persoas refuxiadas son hoxe sometidas”, sinalan os creadores da peza.

En Vía Morta, unha médica siria interpretada por Anabell Gago agarda poder seguir a súa viaxe ata Alemaña, onde espera atoparse co seu fillo e netos. Pero o tren nunca acaba de chegar a esta vía morta e os refuxiados e refuxiadas comezan a desesperarse. Un pallaso, Iván Prado, dunha entidade de cooperación galega chega ao campamento e, ante a atenta e desafiante mirada do policía de fronteira (interpretado por Fran Rei), realiza unha performance clown para os nenos e nenas que están dentro do valado de arame. Asemade, aparece a mirada inocente, pero crítica, dunha nena (personaxe de Rocío Salgado) que non entende o que está a acontecer.

Outros artigos

Martes seguen os chuvascos e as temperaturas sen cambios

O martes chega unha fronte pouco activa. Entrará pola costa ao longo da mañá con chuvascos febles, en xeral, algo máis activos pola tarde na fachada atlántica. As temperaturas non terán cambios significativos. O vento soprará do oeste-suroeste moderado durante a tarde...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Centro Empresarial da Construción” – José Manuel Pena

“Centro Empresarial da Construción” – José Manuel Pena

A construción, como o resto de actividades laborais, é fundamental para o crecemento económico e social de calquera sociedade. No ano 2003 naceu, na comarca do Barbanza, o Centro Empresarial da Construción, co obxectivo primordial de unir, defender e dignificar ao...

“Sociedades y relaciones liquidas”. José Antonio Constenla

“Sociedades y relaciones liquidas”. José Antonio Constenla

Nuestros abuelos se casaban y su matrimonio era de por vida. El tiempo deduración de las relaciones de nuestros padres superan con mucho lasnuestras. 7 de cada 10 matrimonios en España terminan en divorcio y duranpoco más de 16 años, Aun así, según el CIS nos encanta...