Uns trinta sendeiristas botáronse ao monte en Outes para coñecer as historias da torre dos mouros e as fervenzas de San Paio

27 Maio 2024

Este domingo celebrouse en Outes unha nova andaina de primavera de programa de roteiros Coñece o noso patrimonio. Desta volta foi a quenda do itinerario Torre dos Mouros e fervenzas de San Paio. Participaron arredor de trinta camiñantes.

A vindeira andaina, Historia ás beiras do río Bendimón, celebrarase o vindeiro domingo 9 de xuño e o prazo para inscricións comeza este mesmo luns 27 de maio.

Máis información na páxina web: outes.gal ou na aplicación móbil Outes Informa.

O ciclo de camiñadas Coñece o noso patrimonio, organizado polo Concello, vai destinado (como se indica no seu título) a desvelar os segredos e tesouros ambientais, culturais, patrimoniais e paisaxísticos do termo municipal.

As camiñadas comezaron o 14 de abril no Centro Náutico do Freixo con Historia do Freixo e Rego do Rial, de dez quilómetros de percorrido. O domingo 28 medio cento de camiñantes participaron nun roteiro para coñecer as orixes do concello de Outes e o día 12 celebrouse a andaina San Miguel de Valadares e montes de Lantarou, con saída da igrexa de San Miguel de Valadares.

Como dixemos, o día 9 de xuño toca coñecer un dos principais cursos fluviais do territorio a través de Historia ás beiras do río Bendimón. A saída será ás 9.00 horas dende o aparcamento da igrexa de Roo ás 9.00 horas.

O día 23 de xuño péchase a axenda de camiñadas con De Mirás a Carleo polo Cristo de Baneo, con saída ás 9.00 horas da capela do Socorro e 7,5 quilómetros de percorrido.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...