Un veciño da Pobra recupera unha vivenda tras máis de catro meses ocupada

24 Maio 2024

Os ocupas realugábana e exercían nela a prostitución. O propietario vai crear unha asociación de afectados na comarca do Barbanza

TVG

Fabri acaba de saír dun pesadelo de catro meses. O tempo que durou a estancia duns ocupas no segundo andar dunha vivenda de Portocarro, na Pobra do Carmiñal. Di que a muller se aproveitou da súa boa fe.

Fabri, propietario da vivenda, conta que a muller pediulle quedar na vivenda antes de firmar o contrato de alugueiro. Díxolle que era unha muller maltratada e que non tiña onde durmir esa noite. El accedeu pero á mañá seguinte a muller díxolle que xa non lle interesaba a vivenda; díxolle que atopara outra en Ribeira e que nun par de días abandonaría esta.

Pero pasaron as semanas e a muller non abandonaba a vivenda. Pouco despois descubría da peor forma posible que a estaba realugando. 

Fabri dixo que un home saíu da casa asegurando que o drogaran e que lle roubaran a carteira. Asegura que nese momento deuse conta de que estaban realugando a vivenda para exercer a prostitución.

Tras este turbio episodio, ela prometeu que abandonaría a vivenda ao día seguinte…, pero nada máis lonxe da realidade.

Fabri afirma que chamou un cerralleiro para abrir porque pensaba que abandonaran a vivenda sen deixar as chaves. Di que cando entrou, a muller enfrontouse a el e acusouno de racista, de agredila e de entrar sen permiso na súa casa.

Foi a pinga que colmou o vaso, Fabri levou o caso aos xulgados. Pouco despois abandonaban a vivenda. Así e todo Fabri segue sen poder entrar. Ten que agardar unha autorización do xulgado para acceder á súa propia casa.

O propietario di que a lei de vivenda está ben pero que hai que darlle unha volta para que esta xente non se poda aproveitar das lagoas que ten.

Fabri xa avanzou que vai crear unha asociación de afectados a nivel comarcal para que outras persoas non teñan que vivir este pesadelo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.