Últimos días para inscribirnos na Andaina de Porto do Son deste 26 de maio

21 Maio 2024

Chegamos á recta final de maio e comezou a conta atrás para formalizar a nosa inscrición na Andaina de Porto do Son da II Liga Galega de Sendeirismo que organiza o Club Trabandainas (coa colaboración da Área de Deportes do Concello), incluída no Calendario de Actividades da Federación Galega de Montañismo. Segundo lembrou a organización esta semana, a andaina celebrarase o 26 de maio, con formato de ruta circular dende a fachada marítima de de Porto do Son e con percorridos de 25 e 15 quilómetros. Tamén recordaron que o prazo de inscrición está aberto até este xoves 23 de maio ás 23.59 horas e pódese facer a través de Cronocheck.

Distancia: ruta circular de 25 quilómetros, aproximadamente.

Distancia alternativa: ruta Circular de 15 quilómetros, aproximadamente.

Dificultade: media.

Entrega de dorsais: dende como 7:30 a 8:45 horas.

Punto de Saída: fachada marítima de Porto do Son.

Inicio da Andaina de Porto do Son 25K: 9:00 horas.

Inicio da Andaina de Porto do Son 15K: 9:05 horas, a continuación da saída de 25K.

Punto de Chegada: fachada marítima de Porto do Son.

Percorrido: sairase da fachada marítima de Porto do Son e logo dun treito a carón do mar (deixando atrás o miradoiro da Atalaia, o paseo do Fonforrón, o paseo de Arnela, o Castro de Baroña, os muíños e ruínas da capela de San Telmo, os sendeiros e camiños da Comunidade de Montes de Baroña) as e os participantes regresarán a Porto do Son, polo paseo da igrexa parroquial de San Vicente de Noal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Errar es de humanos” – José Antonio Constenla

“Errar es de humanos” – José Antonio Constenla

Decía Séneca que “errar es humano” y por tanto, si esto fuese así, uno podría concluir que “no errar será de no humanos”. Dos mil años después, esta premisa necesita una actualización y no porque haya dejado de ser cierta, sino porque ya empieza a haber quien, con...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.