“Transcendencia”. Xulio Xiz

28 Maio 2024

Hai uns días, pasando ao lado do edificio da Subdelegación do Goberno, escoitei a voz de Alberto Cortez, procedente dunha fiestra veciña, cantando “El abuelo”.

A canción fíxome pensar nas raíces galegas do cantante arxentino, na influencia dos galegos na conformación da alma daquel país, quinta provincia galega, onde todos os españois son galegos por asunción histórica. E en milleiros de historias incógnitas de avós galegos, transterrados á Arxentina, que só puideron volver na imaxinación e na lembranza.

Alberto fixo realidade o soño do avó de volver a Galicia, Campeador emigrante, nun paso xeneracional, despois de terlle contaxiado ao neto a querencia por unha terra lonxana, pobre, incógnita, que tería que visitar, cantar, no seu nome.

Pero sobre todo a voz… escoitar a Alberto Cortez, cinco anos despois da súa morte, surcar os aires de Lugo, fíxome pensar que é a mellor demostración terrea de que hai vida despois da vida, prolongacion da vida, transcendencia. Cando os restos do cantor son só “polvo namorado”, o seu canto libre segue no eter, gardado en partículas infinitesimais en soportes físicos, en arquivos intanxibles nalgun lugar dun espazo creado polos humanos, pero de xeito moi especial en circunvolucións cerebrais, incontrolables, que garanten unha vida – de acordo cos tempos humanos – eterna.

Agora que Sánchez lle retira a aquela querida terra a embaixadora de España, non sei que pensará Milei da embaixada inmorrente que Arxentina ten en Galicia e en España, coa memoria, a querencia, a vida de tantos avós que temos a medias. Transcendentes,coma algúns cantantes. Como pouquísimos políticos.

Outros artigos

“Paz profesional”. Alberto Barciela

En los primeros días de la Guerra Civil española, contemplando una parada militar en la rúa del Villar de Santiago, preguntaba un paisano a otro: “a ti que che parece todo isto?” El otro le contestó, “por un lado ti xa ves e polo outro, que queres que che diga?” A lo...

+

“10 años del reinado de Felipe VI” – Manuel Domínguez

Se cumplen diez años del reinado de Felipe VI, el paso de los diez años se nota en su rostro, se nota en que las niñas crecieron, la heredera al tono, ya esta pasando por las fuerzas armadas, mas tarde complementara con otros estudios. La cosa, es la pregunta obvia,...

+

“La profesionalidad del Gobernador”. José Castro López

El Gobernador del Banco de España finalizó el mandato y Pablo Hernández de Cos sedespidió con la elegancia de un caballero y con la profesionalidad del eminenteeconomista después de seis años al frente de una institución clave para la economía y elsistema financiero...

+

“La Monarquía está de cumpleaños” – José Antonio Constenla

Se cumplen diez años de la proclamación de Felipe VI como Rey de España tras la abdicación de su padre. El 19 de junio de 2014 el pueblo representado en las Cortes Generales le daba la bienvenida y el nuevo Rey se sometía formalmente a la soberanía del pueblo y se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Auditorio” – José Manuel Pena

“Auditorio” – José Manuel Pena

Xa é unha grata realidade, o novo auditorio. Ribeira, necesitaba un auditorio en condicións e adecuado ao seu número de habitantes e da importante poboación da propia comarca do Barbanza. Este pasado sábado chegouse a inaugurar oficialmente, coa presenza de diferentes...