“Si ou non, quen sabe!. Luís Celeiro

30 Maio 2024

Foi como unha enorme tronada. Metía medo aos máis valentes, axeonllaba a aqueles homes
dereitiños e tesos como a aguillada de chamar as vacas. A treboada xa estaba en marcha, con tronos
e alustros a esgalla. Era grande e imparable o sufrimento e moi significativo o desdén que se
agarraba coas propias mans. Era o non permanente e constantemente apoiado polos cadros de
mando. Era un sen vivir, aquí unha cousa e alí outra, a contraria desta. Pero en tódolos casos, o non
como bandeira, como reafirmación da propia razón, como expresión brillante e colaborativa. Así é:
Non, non e non!
Os que non participan na gobernanza están prendidos ao non. Nun lugar din non os mesmos que
noutro lugar da mesma terra nosa, escoitan o non dos outros. En Madrid, non; en Santiago de
Compostela ou en Palas de Rei, non. Na Mariña, non e en Ferrol e na Coruña, igualmente, non. Non
nas rías, á beira do mar, no interior e nas beiras dos ríos. Non á gratuidade das autoestradas e as vías
férreas que non melloren, non! Os políticos poida que sexan os donos do non e os que máis escoitan
dicir non. Mentres tanto, todo en sistema de agarda, esperando por esa raiola que non chega.
Pero non, non sempre expresa negación. Tamén pode servir para reforzar unha afirmación, si señor!.
Hai casos nos que, como di a Tía Manuela, todos temos que estar co non. Non á fame, non á guerra,
á inxustiza e non a esa sarabiada de oportunistas, mentireiros, embusteiros e hipócritas que
antepoñen sempre os seus intereses aos da colectividade.
Non é non con razón, con reflexión e con contundencia. Non ao facer da xente que entende que só o
seu pensar é o único correcto, desa xente que quere sempre loar o deles, unicamente o que eles fan,
pensan ou din. Hai quen non entende de pluralismo e quen nega, mesmamente, a forza do
coñecemento, esa arma que nos defende da ignorancia e que reforza os valores dunha sociedade
que, por principios, ten que ser libre e dona de seu.
Entre estes valores cómpre referenciar e destacar a honestidade, a procura da igualdade, o progreso
e a solidariedade, a xustiza e a convivencia, con respecto e tolerancia aos outros, a tódolos outros.
Non se pode esquecer, amigas e amigos lectores, que o non pode ser tan respectuoso como o si e o
si tanto como o non. Non si?
Din os teóricos que a honestidade é a condición que ten unha persoa que non engana e que di
sempre a verdade, que actúa con sinceridade e mostra respecto cara aos demais e cara a si mesma.
Aí está, as persoas honestas, como todas as que vostedes coñecen, teñen decencia, defenden a
xustiza social, son modestas e solidarias, falan con franqueza, entenden e comprenden a pluralidade
de ideas. Cantas máis, mellor!

Outros artigos

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.