Sálvora a nosa illa que “The Sun” recomenda visitar

23 Maio 2024

Coa chegada do verán, os turistas estranxeiros están a explorar novos destinos no noso país para as súas vacacións estivais. A prensa británica empezou a recomendar lugares menos coñecidos, afastados das concorridas costas mediterráneas e os famosos arquipélagos.

O diario The Sun suxire aos seus lectores visitar unha illa “descoñecida para os turistas, que está a só 10 minutos do continente e que conta con fermosas praias e historias de piratas”.

Trátase da illa de Sálvora, que forma parte do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. Situada fronte á ría de Arousa, na provincia de Pontevedra, esta illa ten un pasado fascinante. The Sun destaca que “foi un refuxio de piratas entre os séculos XVI e XIX, mesmo antes da chegada dos viquingos. Durante ese tempo, pertenceu á familia Mariño, e unha lenda di que o primeiro fillo desta familia era froito dun cabaleiro romano e unha sirena que se coñeceron na illa”.

“A illa foi de propiedade privada ata 2008, o que impedía a visita de turistas. Con todo, agora está aberta ao público, aínda que só pódese acceder mediante visitas guiadas. Os barcos tardan uns 40 minutos en chegar desde terra firme, ou só 10 minutos en lancha rápida”, informa The Sun.

Separada de terra firme por uns 3 quilómetros e cunha superficie de case 190 hectáreas, Sálvora caracterízase polo seu chan rochoso, pero tamén pola existencia dun emblemático faro, que salvou moitas vidas ao longo da historia, e a presenza de catro praias de area branca e fina: Castelo, Bois, Zafra e Lagos.

Aínda que actualmente ninguén reside na illa, os visitantes poden explorar varios puntos de interese. A principal atracción é o faro da illa, construído en 1921,vinculado o naufraxio do vapor-correo Santa Isabel, afundido nese ano e os seus restos declarados Ben de Interese Cultural en xaneiro de 2021.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...