Durante o sábado unha fronte pouco activa achegarase a Galicia. Así, os ceos iranse nubrando con posibilidade de precipitacións febles de tipo orballo máis probables na franxa atlántica e nas horas centrais do día. As temperaturas mínimas experimentarán un lixeiro ascenso, mentres que as máximas sufrirán un descenso entre moderado e notable. O vento soprará do suroeste moderado en xeral, con refachos fortes no litoral norte.

O noso mar: Vento do sur á mañá, do sudoeste á tarde e variable á noite, forza 4 a 6 á mañá, 2 a 4 á tarde e 1 a 3 á noite. Forte marusía á mañá, marusía á tarde e mar ovellado á noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste á mañá e oeste á tarde e á noite, con ondas de 0.5 a 1.5 metros á mañá e 1 a 2 metros á tarde e á noite.
Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)
- Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
- Praia de Balieiros directo- Corrubedo
- Praia da Ladeira directo- Corrubedo
- Praia das Furnas directo. Porto do Son
- Praia Aguieira directo.Porto do Son
- Portosín. Porto do Son
- Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
- Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
- Centro Náutico do Freixo
- Praia de Carnota



