Ribeira presenta o programa de conciliación para o verán 2024

21 Maio 2024
Concello

O segundo tenente de alcalde Vicente Mariño e a concelleira Tania Redondo presentaron hoxe o programa de conciliación Días Sen Cole de cara ao verán deste ano 2024.
A área de Servizos Sociais Comunitarios impulsa os campamentos de conciliación durante as vacacións do Verán 2024, coincidindo coas datas das vacacións escolares, de luns a venres –excepto festivos- de 08:30 a 14:30 horas e destinados a nenos e nenas de 3 anos (escolarizados) a 12 anos “co obxectivo de que os máis novos pasen unhas vacacións de ocio e divertimento, aprendendo contidos de todo tipo e en ámbitos relacionados coa cultura, igualdade, o medio ambiente ou as novas tecnoloxías.” explicou o concelleiro Vicente Mariño.
Así, establécense os seguintes prezos e modalidades de matrícula pola asistencia a ditas actividades; o campamento de verán “xoga con nós” cun prezo de matrícula de 85 euros/ mes, que terá un custe de 150 euros en total no caso de inscribirse ambos meses. O
campamento de inglés “summer camp” ten un prezo de 95 euros/mes; e 170 euros pola inscrición de ambos xullo e agosto. Doutra banda, o campamento urbano ten un prezo de 42 euros, que se poderá incluir a calquera dos anteriores.
Ademais, aplicarase un desconto do 20% sobre o importe de matrícula aos fillos e fillas das familias que teñan o título de familia numerosa, familias acolledoras ou monoparentais, familias con dous ou máis inscritos nesta actividade, familias nas que un dos seus membros sexa desempregado de longa duración, e familias nas que o propio participante acredite unha discapacidade do 33%. Tamén se resevará o 10% das prazas dos campamentos para emerxencia social.
Os campamentos levaranse a cabo do 1 de xullo ao 30 de agosto no CEIP O Grupo en horario de mañá. O prazo de preinscrición estará aberto dende o 22 de maio ao 7 de xuño, e poderá facerse de xeito presencial na Casa da Xuventude ou ben de xeito telemático; a través da sede electrónica da páxina web www.ribeira.gal.

Outros artigos

Rianxo e A Estrada xa son oficialmente concellos irmáns

Este luns 19 de outubro formalizouse finalmente a sinatura do protocolo de irmandamento entre os concellos da Estrada e Rianxo, historicamente unidos polas figuras de Virxinia Pereira Renda (A Estrada) e Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo). A fraternidade...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.