O Concello de Rianxo informou de que veñen de publicarse as bases de selección para a contratación temporal de dúas persoas para realizar tarefas de limpeza con cargo aos fondos recibidos polo Concello a través da subvención para o fomento do emprego no medio rural (Aprol rual), sendo a contía da axuda de 32.215,58 euros. A publicación pode consultarse xa na web municipal.
O Concello de Rianxo presentará as ofertas de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia, na súa oficina de Boiro. As persoas seleccionadas deberán ser persoas desempregadas inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandantes non ocupadas e estar dispoñíbeis para o emprego.




