“Recuperar: un verbo obxectivo no Día Mundial da Biodiversidade” – Antón Luaces

21 Maio 2024

Moitas veces, as  celebracións programadas polos Estados, as comunidades autónomas (no caso de España), as organizacións nacionais  ou internacionais, etc., teñen claros obxectivos significativos. Mais, no caso deste pasado mércores, 22 de maio, a celebración do Día Mundial da Biodiversidade chegou con certa mácula que, dificilmente, imos poder limpar no mundo enteiro: cada hora desaparecen -informa a organización medioambientalista WWF- tres especies. Detrás desta desaparición está a acción, a man humana.

Son oito millóns as especies que existen, entre os pequenos seres do plancto que alimentan ás baleas e outros animais mariños, abellas, bolboretas que polinizan flores e cultivos, a grandes colosos como os elefantes ou especies mariñas. Todas as especies conformamos a Natureza, dependemos uns doutros (o que quere dicir que nos necesitamos) para que esa Natureza perviva, porque esta é a nosa riqueza natural, a que proporciona á humanidade todo o que precisamos para vivir: osíxeno para respirarmos e auga para bebermos, alimento, refuxio e relax. É a maior e mellor farmacia do planeta Terra e a nosa principal fonte de saúde. 

Malia todos estes beneficios, non a coidamos: un millón de especies están en perigo, segundo o Informe Planeta Vivo; en só catro décadas a Terra perderá máis da metade da súa riqueza natural por accións humanas.

E aínda así, a conservación da Biodiversidade avanza no vello continente, onde poido ser creada a Rede Natura 2000, o maior conxunto de áreas protexidas de ambiente coñecidos e protexer lugares únicos enfrontados a múltiples  ameazas, coma no caso de Doñana ou, máis perto de nós, nas dunas de Corrubedo, nos montes da Curota, do Iroite, da Cidade, o castro de Baroña, a illa de Sálvora, o peirao supostamente fenicio de Aguiño, etc., avanzando na conservación e coexistencia con grandes carnívoros como o lobo, o oso pardo, ou o lince ibérico (este, por certo, con grande recuperación nos últimos tempos), entre outros. 

Milloramos a calidade das augas doces (un 0,95%) por máis que algunhas empresas e particulares se empeñen en vertidos contaminantes de carácter mineiro, industrial, etc., xa temos acceso á auga potable a maioría de cidadáns europeos e a UE lidera a loita global  contra o cambio climático e aposta pola redución de emisións, eixo fundamental nas eleccións do 9 de xuño ao Parlamento Europeo.

Aínda tendo en conta o moito acadado, compre dicir que a aprobación da Lei de Restauración para recuperar o solo, as augas doces e os mares europeos son algo que non se debe deixar ao albur e, polo tanto, debe ser acollido con interese para manter a protección da nosa rica biosiversidade após décadas de persecución de, por exemplo, o lobo, actualmente especie protexida á que algúns tentan rebaixar esa proteción. Tampouco se pode dar marcha atrás na protección da superficie mariña e terrestre en 2030 (3%), nin asumir a autorización do uso de praguicidas; recuperar o visón europeo, os anfibios e os insectos (como as abellas), etc.

Manter o medio ambiente, é manternos a nós mesmos.

Outros artigos

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

+

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

+

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.