Prosegue a xira sobre Valle-Inclán en Navarra promovida polo Foro Galicia e Valle-Inclán e o Museo pobrense

09 Maio 2024

O interese pola figura e obra de Ramón María do Valle-Inclán e as súas presenzas en Navarra foi posta de manifesto durante o periplo que durante os ultimos dias levou a cabo unha delegación galega do Foro Galicia e Valle Inclán, presidida polo seu neto e especialista Xaquin Valle Inclán.

As actividades estiveron centradas nas viaxes que o autor de Luces de Bohemia realizou en 1909,1911,1912 e 1929 por diversas localidades da comunidade foral, asi como na presentación da nova edición da triloxía carlista, inspirada nas antigas guerras e que comprende “Os cruzados da causa”, “O resplandor da fogueira” e “Gerifaltes de outrora”.

Especialmente foi subliñada pola prensa local o acto público realizado no Museo do Carlismo de Estella. Tamén quedaron sentadas as bases para a organización dunha exposición de fondos orixinaris do museo valleinclanescos, unha futura interpretación teatral no Teatro Gayarre, ou a implementación dun roteiro turistico-cultural valleinclanesca por lugares como, entre outros, Andoaín, Ochagavía, o Val do Roncal, A Selva de Irati, Burguete, Señorio de Bertiz ou Irache. Por último, ademais, a directora da Bibilioteca Central da Universidade de Navarra, Isabel Iribarren, proporcionou valiosas mostras de edicións primigenias do intelectual galego.

A delegación, ademais de Joaquin Valle Inclán que rebelou exclusivas informacións e ilustracións do seu avó en Navarra, estivo composta tamén por Antonio Gonzalez Millan, director do Museo Valle Inclán de Pobra do Caramiñal, o xerente do Foro Angel Varela e o xornalista Luis Menéndez.

Recepción ós integrantes coa alcaldesa de Estella .Remitida

O percorrido por terras navarras comezou no municipio de Estella, onde Xaquín do Valle-Inclán ofreceu un relatorio no museo do Carlismo. Explicou que a primeira visita do seu avó realizouna co escritor Joaquín Argamasilla de la Cerda e destacou o seu gusto por Navarra, relacionado co federalismo. Ademais, mencionou que a última visita de Ramón María del Valle-Inclán a Navarra data do ano 1927. Logo, a delegación galega foi recibida pola alcaldesa, Marta Ruiz, na casa do concello.

Posteriormente, a comitiva trasladouse á facultade de Comunicación da Universidade de Navarra, onde o alcalde de Cizur e directivo da institución educativa, Rafael Ansó, actuou como anfitrión.

Nao Casino ofreceron un relatorio aos alumnos sobre o escritor e a súa relación con Pamplona. O neto do autor lembrou que os pasos do seu avó pola comunidade inspiraron obras como “Os cruzados da causa”, “O resplandor da fogueira” e “Gerifaltes de outrora”.

A comitiva trasladouse á facultade de Comunicación da Universidade de Navarra, onde o alcalde de Cizur e directivo da institución educativa, Rafael Ansó, actuou como anfitrión. Remitida

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...