Pecha a tempada da Sociedade Filarmónica de Vilagarcía co cuarteto feminino do Curtis on Tour

23 Maio 2024

Catro mulleres serán as protagonistas do concerto co que a Sociedade Filarmónica de Vilagarcía clausura a tempada musical 2023/24. A renomeada violinista Shanshan Yao, xunto con Haesue Lee (viola), Jean Kim (violoncelo) e Pallavi Mahidhara (piano) actuarán este venres 24 de maio, no Auditorio Municipal dentro da xira Curtis on Tour que están a facer polas principais cidades e capitais europeas. Comeza ás 20.30 horas.

O programa do concerto componse dun trío con piano da compositora indio-estadounidense Reena Esmail e un cuarteto con piano de Antonín Dvorák. Ademais, para pechar os actos conmemorativos do 175 aniversario da morte de Felix Mendelssohn, interpretarán un cuarteto con piano deste gran compositor ao que á SFV tamén dedicou o concerto de inicio da actual tempada.

Outros artigos

Mércores 28, xornada de tempo seco e máximas en ascenso

A metade oeste concentrará a maior parte da nubosidade, mentres que os termómetros gañarán graos durante as horas centrais do día. A comunidade galega vivirá este mércores unha xornada marcada polo tempo seco e un ascenso moderado das temperaturas máximas, como...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Realidade e legalidade” – José Manuel Pena

“Realidade e legalidade” – José Manuel Pena

Sen dúbida unha cousa é a realidade e outra moi diferente a legalidade vixente. Desde algúns colectivos sociais e plataformas cidadás atópanse, con demasiada frecuencia, co muro do despropósito de moito gobernantes. Case sempre apelan á “legalidade” para non deixar de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.