Outes xa conta oficialmente co seu sendeiro peonil adicado a Fernando Pessoa

10 Maio 2024

Finalmente Outes xa conta oficialmente co seu sendeiro peonil na honra do insigne poeta portugués Fernando Pessoa, tralo acto formal de inauguración do mesmo celebrado esta mesma semana, no que participaron as e os principais impulsores da iniciativa literaria, cultural e tamén ambiental: as e os estudantes do IES Poeta Añón de Outes coordinadas/os por Maruxa Caamaño e Susana Álvarez, responsábeis dos departamentos de Lingua Galega e Historia do dito centro educativo. Tamén participaron representantes da Corporación do Concello, que apoiaron a proposta dende o seu inicio. Asemade, estivo presente no acto

Segundo lembran Maruxa e Susana, a orixe da iniciativa está nun proxecto didáctico das materias de Lingua Galega e Historia sobre historia local que gravita arredor de Fernando Pessoa, con orixes familiares no concello de Outes, segundo confirmou no seu día o profesor e escritor Carlos Quiroga na súa investigación Raízes de Pessoa na Galiza. A partir de aí, o alumnado participante solicitou un espazo público do concello co nome do autor no pleno municipal. Todas as forzas políticas apoiaron esta iniciativa. Finalmente na tarde do 7 de maio foi inaugurada a senda peonil na honra do autor universal, Fernando Pessoa en presenza da comunidade educativa e da corporación municipal ao completo.

O alumnado que estudaba 4º ESO no IES Poeta Añón o curso pasado foi quen solicitou un espazo espazo público no concello co nome do escritor portugués. A petición, exposta pola propia rapazada en maio de 2023 no pleno do Concello, foi aprobada de maneira unánime pola Corporación municipal.

A iniciativa, de carácter educativo, encádrase no proxecto De Outes a Lisboa com Fernando Pessoa e foi promovida polos departamentos de Lingua Galega e Historia dirixidos polas profesoras Maruxa Caamaño e Susana Álvarez co propósito de investigar a historia local e estimular a aprendizaxe por servizo. Foi, alén disto, inspirada no espírito da Lei Paz Andrade, que procura fomentar os vínculos coa Lusofonía mediante o impulso da lingua galega nun contexto internacional, tal e como se recolle no currículo educativo da ESO.

A ascendencia de Pessoa

A ascendencia de Pessoa serviu de pretexto para que o alumnado indagase e editase unha colección de vídeos sobre a emigración galega a Portugal. Entre as conclusións extraídas, figura, segundo lembran Susana e Maruxa, “un enriquecemento cultural mutuo e recíproco: no proceso de integración a un novo contexto, a emigración galega non só asimilaría parte da cultura material e inmaterial da colectividade en que se insería, senón que, á súa vez, deixaría unha importante pegada nela de interese histórico e cultural”. Por tanto, engaden, “a solicitude do alumnado serviu tamén para dignificar a memoria histórica e recoñecer, como aconsella a UNESCO, o patrimonio cultural inmaterial vinculado a toda a comunidade galega que tivo que partir a Portugal”.

En Youtube xa foi subido un vídeo coa intervención do alumnado no pleno do día 27 de abril de 2023. Tamén foi pendurara na Google a colección de vídeos deste proxecto. Web da colección de videos sobre este proxecto.

Outros artigos

Eliminado un punto de vertido de augas residuais na Pobra

Augas de Galicia (Xunta) contribuíu a eliminar un punto de vertido de augas residuais de carácter municipal na parroquia de Santa María A Antiga, no concello da Pobra do Caramiñal. O persoal do Programa de Control de Vertidos constatou esta anomalía no transcurso dos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“España no va como un cohete”. José Castro López

“España no va como un cohete”. José Castro López

La Comisión Europea eleva al 2,1 por cien el crecimiento del Producto Interior Bruto(PIB) en 2024, cuatro décimas por encima de pronósticos anteriores, prevé que Españacumplirá el objetivo del 3 por cien del déficit que exigen las reglas fiscales, espera quecontinúe...