Outes amosa a súa preocupación pola tardanza na convocatoria da Xunta para a contratación de socorristas

30 Maio 2024

O Concello de Outes vén de manifestar a súa preocupación porque, a piques de comezar a tempada de verán, a Xunta de Galicia aínda non publicou a convocatoria para a contratación de socorristas por parte dos municipios. Segundo informou o alcalde, Manolo González, hai varias semanas que saíu publicado en prensa que a convocatoria para que os concellos poidan contratar socorristas pasaba a ser xestionada pola consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, que dirixe Diego Calvo e que pronto se publicaría. “Esta mesma semana comunicóusenos que a convocatoria sairía en breve pero se temos en conta os prazos legais para que a Xunta resolva, así como o proceso posterior para que os concellos contraten, vai ser moi complicado que as nosas praias conten co servizo de socorrismo antes de mediados de Xullo”, indicou o mandatario outense.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.