Os obradoiros Móvete! favorecerán a conciliación na Pobra durante o verán con 180 prazas

20 Maio 2024

A Concellaría da Igualdade da Pobra do Caramiñal bota a andar unha nova edición do obradoiro de conciliación Móvete! no marco do programa de conciliación municipal A Pobra Corresponsable. A concelleira de Igualdade, Estefanía Ramos, sinalou na presentación de Móvete! que se trata dun servizo con dobre finalidade: por unha banda, facilitar a conciliación da vida laboral, familiar e persoal; e, pola outra, ofrecer unha alternativa lúdica e de aprendizaxe para os nenos e nenas. Durante a súa intervención, este luns 20 de maio, tamén salientou a aposta da Administración local pola conciliación e mencionou que “neste ano nos concederon 134.000 euros para os servizos de conciliación que son o servizo de Madruga e Comedor que prestamos todo o ano e tamén para os obradoiros dos días non lectivos e dos períodos estivais”, procedentes dos fondos do Plan Corresponsables do Ministerio de Igualdade.

Segundo sinalou a nova edición de Móvete! Incorpora desta volta dúas novidades importantes. En primeiro lugar, o prazo de inscrición é pechado: dende a publicación das bases da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia da Coruña (BOP), neste día 20, ata o 30 de maio. E, en segundo lugar, o número de prazas é limitado: 180. Estas adxudicaranse de acordo a diferentes criterios.

Dirixida a crianzas nadas entre o 2012 e 2020, esta prestación focalizarase no CEP Salustiano Rey Eiras entre o 24 de xuño e o 10 de setembro, ambas datas incluídas, en horario de 09.00 a 14.00 horas. Tamén se brinda a posibilidade de solicitar os servizos de Madruga e Comedor, segundo apuntou a axente da Igualdade, Carolina Rodríguez.

As inscricións formalizarase a través do rexistro do Concello ou da sede electrónica municipal. Deberase entregar a ficha de inscrición debidamente cumprimentada e asinada; fotocopia do documento de identidade da nai, pai ou titor/a; e fotocopia da tarxeta sanitaria da/o menor. No que respecta a documentación complementaria figura a acreditación da situación de: familias con menores que teñan o seu padrón na Pobra do Caramiñal; mulleres en situación de violencia de xénero; familias monoparentais; familias en situación vulnerábel; familias con menores en situación de acollida; familias que se atopen desempeñando un posto de traballo por conta propia ou por conta allea; familias que estean desempeñando o seu posto de traballo no municipio pobrense, aínda sen estar aquí empadroadas, ou cuxos menores estean escolarizados nalgún centro educativo da localidade.

O 6 de xuño publicarase a listaxe provisional das persoas admitidas; do 6 ao 12 de xuño realizarase o pago bancario do prezo público mediante o modelo normalizado; e no 14 de xuño publicarase a listaxe definitiva e a listaxe de agarda.

As bases completas están dispoñíbeis na sede electrónica municipal.

Máis información no Departamento da Igualdade, situado fronte á Casa Consistorial, co teléfono de contacto 981832764, marcando a extensión 6.

Outros artigos

Este sábado 28 a Alameda de Noia acolle unha roda de capoeira

Este sábado 28 de novembro celebrarase unha roda de capoeira na Alameda. Unha roda de capoeira é un círculo humano onde se practica esta arte marcial afrobrasileira, funcionando como o seu espazo central de expresión, xogo, música e comunidade. Nela, as música e as...

+

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“La transición y Carmen Díaz de Rivera” – Manuel Domínguez

“La transición y Carmen Díaz de Rivera” – Manuel Domínguez

La transición y Carmen Díaz de Rivera. 84 años de su nacimiento y 27 que nos dejo. Antes de hablar de la importancia de Carmen en relación a la transición, permítaseme, comenzar por el principio. Carmen tenía 17 años, quería oficializar su relación de noviazgo, con...