“Os descartes da pesca non evitan a mortaldade do peixe, mais benefician á industria”. Antón Luaces

08 Maio 2024

Teóricamente, os descartes na pesca -non ben recibidos polo sector- ían resultar beneficiosos para armadores, tripulantes e, en xeral, para a conservación das distintas especies obxectivo da frota comunitaria europea. 

Foi unha medida que o sector pesqueiro en xeral, e particularmente o galego, asumiu porque non lle quedaba outra. Pero nunca de boa gaña. E sempre dixo que o que pasaría coa aplicación de tal medida non redundaría no beneficio dun sector que, dende que España pasou a se integrar na UE (daquela CEE) en 1986, foi a menos de xeito evidente.

Os decartes, efectivamente, non evitan a pesca. E descartar o capturado en distintos lances non permite dicir que o capturado pode devolverse ao mar para que sigan a vivir os exemplares esparexidos no parque de pesca: a inmensa maioría chega morto ao barco.

Cal é, logo, o beneficio que produce ao ecosistema a aplicación estrita da medida de descartes estipulada pola Unión Europea e lexislada polos Estados membros desta?.

Dígollo rápidamente, lector: os descartes están a transformar ás industrias alimentarias e cosméticas, que contribúen ao fomento da economìa circular e crean novos postos de traballo (non na pesca, por certo, que os perde a mancheas).

Na que se pretende sexa unha xestión sustentable  dos recursos -na que incidirían os descartes- e a minimización do residuos, non son tal malia a pretensión de que fosen cada vez máis prioritarias. O enfoque innovador da reutilizaciòn (ollo, falamos de aproveitamento das capturas no mar) dos residuos de peixe (máis dun millón de toneladas cualificados en moitos casos coma refugallos) representan unha importante reserva de materias primas ricas en aceites omega-3, coláxeno e xelatina, esenciais tanto para a industria alimentaria como para a da cosmética. 

Pero estamos a falar da pesca nun sector que produce alimentos, crea emprego e produce riqueza. Mais estes non son os obxectivos: agora fálase do aproveitamento ótimo destes recursos biomariños consecuentes cos descartes. Por exemplo, a pel dos peixes, rica en coláxeno, que pode producir xelatina e outros derivados. Naturalmente, de peixes que os cidadáns non comerán nunca porque, após a súa captura, han ser guindados novamente ao mar en moitos casos. 

Ata o de agora, o coláxeno sacábase da pel e os osos do gando porcino e vacún; mais a pel do peixe ten vantaxes significativas sobre aquela, entre outras unha cualidade superior do coláxeno e a posibilidade de ofrecer produtos aptos para os consumidores que evitan os derivados cárnicos. Pero non poden obviar a pesca, as capturas do peixe que se descarta e, sen embargo, aproveita outra industria que non é a pesqueira.

Outro exemplo: a pel do peixe branco podería producir un mínimo de 6.500 toneladas de xelatina ao ano. Unha xelatina utilizada en produtos como as cremas e cápsulas, pós, etc.   

As peles e espiñas dorsais dun peixe como o salmón son moi ricas en coláxeno. E do fileteado e desosado quedan residuos de tecido muscular apegado ás espiñas, o que os fai idóneos para a estración de xelatina e a produción de aceites e hidrolizados de proteínas. 

Todas elas innovacións moi prometedoras, sí; pero que non evitan, nen moito menos, que se pesque, oficialmente a pretensión primeira da UE a través da Comisión de Pesca.

Para esto, o establecemento dos descartes?.

Outros artigos

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

+

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

+

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.