O presidente da Xunta de Galicia visita o stand da Ría da Estrela en Turexpo 2024

30 Maio 2024

A Ría da Estrela estará presente do 30 de maio ao 2 de xuño na Feira Internacional de Galicia Abanca, evento ao que leva acudindo dende 2017 de maneira ininterrumpida. Durante os catro próximos días, os dous stands da Ría da Estrela estarán a disposición dos máis de 100.000 persoas que visitan cada ano os distintos certames da feira silledense, entre os que se atopan milleiros de profesionais do sector turístico: touroperadores nacionais e internacionais, axencias de viaxes, empresas de servizos turísticos, medios especializados…
A maiores, os responsables da Ría da Estrela teñen programados varios encontros con touroperadores nacionais e internacionais interesados no potencial turístico da comarca, no marco do Workshop de profesionais da Feira. Dende a asociación porán en valor tanto os valores gastronómicos, patrimoniais, culturais e relixiosos da comarca, como o carácter especial das persoas, unha calidade humana que é un dos valores diferenciais da Ría da Estrela.
Durante o acto de inauguración desta mañá, o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, aproveitou para visitar o stand da Ría da Estrela, acompañado polos conselleiros de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo; de Emprego, Comercio e Emigración, José González; e do Medio Rural, María José Gómez; así como polo director de Turexpo, Ricardo Durán. Un salón ao que tamén asistiron a vicepresidenta da ARD Ría de Muros Noia e alcaldesa de Muros, María Lago; o alcalde de Porto do Son, Luís Oujo; e a concelleira de Turismo de Outes, Soledad Agra.
Dous stands en Turexpo e Festur
A Ría da Estrela está representada en Silleda con dous stands: un no Salón Turístico de Galicia (Turexpo Galicia) dedicada á nova imaxe da Ría da Estrela e outra na Feira de Festas de Interese Turístico (Festur) centrada nas Carrilanas de Esteiro, Festa de Interese Turístico Nacional.
O stand de Turexpo Galicia segue a liña marcada en FITUR 2024, promovendo a nova marca do destino “Ría da Estrela”, un deseño alegre, empático, amable, optimista e cheo de cor, cunha estrela de cinco puntas en referencia aos cinco concellos que a compoñen (Lousame, Muros, Noia, Outes e Porto do Son) e cuxos bordes atenuados representan a suavidade da ría e o carácter amable das súas xentes.

Nesta ocasión, o stand estará presidido por unha lona xigante con fotografías submariñas de Xaime Beiro que de seguro sorprenderán aos visitantes polo seu colorido. A maiores, no lateral da caseta haberá un gran mapa turístico de 9 metros cadrados que amosará os elementos patrimoniais máis destacados da ría. De forma complementaria, unha pantalla de televisión emitirá en bucle pequenos vídeos promocionais dos atractivos da comarca.
O segundo stand estará dedicado a promover as Carrilanas de Esteiro, Festa de Interese Turístico Nacional que terá lugar do 19 ao 21 de xullo en Muros. Un evento que este ano celebrará a edición número 36 do gran premio de carrilanas, onde estes bólidos artesanais baixan a gran velocidade pola costa de O Maio cubrindo un circuíto duns 2 quilómetros de lonxitude. O formato da competición, que lembra ao dos grandes bólidos de carreiras, atrae cada ano a milleiros de persoas e trátase dunha tradición na que cada vez participan máis veciños de Muros e mesmo de municipios próximos.
Na tarde do sábado 20 de xullo desputarase a “pole position” e definirase a orde de saída de cada competidor na proba do domingo. Haberá tres versións da carreira: unha infantil, outra para as carrilanas de maior tamaño (na que se premia a orixinalidade do vehículo) e o tradicional Gran Prix de Carrilanas coas máis rápidas e que requiren máis habilidade para a
súa condución. Unhas carreiras complementadas por un festival musical con verbenas nocturnas, actuacións folclóricas e degustacións gastronómicas.

Outros artigos

Martes 21, xornada de sol e lixeiro ascenso das máximas

Xornada con tempo maioritariamente seco, solleiro e de corte estival tanto na capital galega como en todo o litoral sur, aínda que coas habituais brétemas matinais da época. As Rías Baixas: o sol gañará a partida ás brétemas costeiras No litoral atlántico, a xornada...

+

Persoa trasladada logo dun incendio nunha cociña en Rianxo

Unha persoa foi evacuada ao Hospital Clínico de Santiago tras un lume que queimou a campá extractora e os mobles da cociña dun piso na rúa de Xosé María Brea Segade, en Rianxo. Foi a Policía Local a que informou ao 112 Galicia do incendio dez minutos despois das 5...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“España, dos estrellas. Alberto Barciela

“España, dos estrellas. Alberto Barciela

ESPAÑA, DOS ESTRELLAS Este país es imposible inventarlo. Ni Azcona con sus guiones, ni Berlanga con sus corrosivas estampas de lo cotidiano, ni Picasso con sus trazos fragmentados, ni Dalí con sus deformados dibujos, ni Valle con sus esperpentos, ni Carandell con sus...

“La estrella y el Mundial”. José Antonio Constenla

“La estrella y el Mundial”. José Antonio Constenla

Ha terminado el Mundial y uno tiene la sensación de haber asistido a uncampeonato extraordinario pese a quienes lo organizaban. Porque, mientrasmillones de personas seguían con pasión cada partido, la maquinaria del fútbolmundial parecía empeñada en recordarnos que el...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.