O PP de Ribeira reclama o apoio firme do Concello aos centros e empresas de inserción para o tratamento de residuos téxtiles

24 Maio 2024

Os populares de Ribeira, a través da concelleira Ana Isabel Barreiro Rego, presentou unha proposición non de lei para ser debatida no próximo pleno do 27 de maio 2024 relativa á xestión e o tratamento de residuos téxtiles no concello de Ribeira.

Segundo explica contextualizando a moción, “o pasado mes de marzo levamos a pleno unha iniciativa na que solicitaba ao Concello de Ribeira que comezase a aplicar a normativa que a disposición adicional 4ª da Lei 9/2017, de 8 de novembro de contratos del sector público poñía a disposición dos concellos”. Tratábase de “materializar a figura dos contratos reservados na que se obriga ás administracións públicas a reservar ao menos unha porcentaxe do importe global de determinados contratos ou de determinados lotes dos mesmos a centros especiais de emprego de iniciativa social e a empresas de inserción”.

A concelleira explica que “a iniciativa levada polo grupo popular resultou aprobada por unanimidade de todos os grupos da Corporación”, e engade que en liña co todo isto encádrase “a iniciativa que imos presentar para este pleno do mes de maio e que ten un marcado carácter social e medioambiental”, sinala.

A proposta tamén pon o foco no proxecto de Lei de Residuos e Solos Contaminados para unha Economía Circular, que foi recentemente aprobado no Congreso dos Deputados en abril do 2022 e no que se dispón que os residuos téxtiles son responsabilidade das entidades locais (e polo tanto os concellos deberán establecer unha recollida separada de, entre outras fraccións, os residuos téxtiles antes do 31 de decembro 2024) e no que tamén se establece a destrución ou eliminación de residuos mediante o depósito en vertedoiros de excedentes non vendidos de produtos non perecedoiros como os téxtiles. O PP de Ribeira lembra que respecto deste proxecto un grupo de asociacións galegas de empresas deste sector presentaron unha emenda de adición na que propoñen engadir un novo artigo ou disposición adicional que estableza de maneira preceptiva a obrigación das administracións públicas de adxudicar a xestión dos residuos téxtiles a través de contratos reservados para empresas de inserción e centros especiais de emprego, de conformidade coa disposición adicional cuarta da Lei 9/2017, de 8 de novembro, de contratos do sector público.

Por todo o dito, o Grupo Municipal do Partido popular de Ribeira presenta a seguinte proposición: “Instar ao Concello de Ribeira a cumprir ca Lei de Residuos e Solos Contaminados para unha Economía Circular, na que se amosa a proposta presentada polas ONG e incorpore a modificación normativa que sexa preceptiva para obrigar ás administracións públicas a adxudicar a xestión dos residuos téxtiles a través de contratos reservados para empresas de inserción e centros especiais de emprego de iniciativa social, de conformidade coa disposición adicional cuarta da Lei 9/2017, de 8 de novembro de contratos do sector público e cumprindo a disposición adicional 19a da Lei 7/2022, de 8 de abril, de Residuos e Solos Contaminados para unha Economía Circular, que obriga ás administracións a adxudicar ao menos o 50% del importe do servizo de recollida, transporte e tratamento de residuos téxtiles a través de contratos reservados e a Iniciativa que sobre contratos reservados presentamos antes este pleno o pasado mes de marzo”.

Outros artigos

Rianxo e A Estrada xa son oficialmente concellos irmáns

Este luns 19 de outubro formalizouse finalmente a sinatura do protocolo de irmandamento entre os concellos da Estrada e Rianxo, historicamente unidos polas figuras de Virxinia Pereira Renda (A Estrada) e Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo). A fraternidade...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.