O mercado de Aguiño reanuda a súa actividade este luns 27 de maio

25 Maio 2024


O Concello de Ribeira informou de que o mercado municipal de Aguiño volverase celebrar tódolos luns en horario de 7.00 a 15.00 horas da tarde, dende o 27 de maio ata o 16 de setembro na rúa Castelao. Contará con postos de venda de froitas, verduras e produtos téxtiles.

A reanudación do mercado !non só pretende facilitar o acceso a produtos frescos e saudables, senón tamén apoiar aos produtores e comerciantes locais, promovendo así un consumo máis sostíbel e local”, engadiron fontes do Concello.

“Trátase de fomentar a venta local e tamén crear un espazo onde os residentes poidan interactuar, un punto de encontro para a comunidade”, explicou Vicente Mariño (na imaxe), tenente de alcalde e concelleiro de Mercados Municipais.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...