O Laboratorio Ecosocial do Barbanza convoca un “bioblitz” participativo o 1 de xuño para inventariar a biodiversidade de Froxán

23 Maio 2024

O Laboratorio Ecosocial do Barbanza convoca unha xornada de ciencia cidadá na que o voluntariado participante deberá identificar o maior número posíbel de especies de flora e fauna nun bioblitz que terá lugar no monte veciñal de Froxán no primeiro sábado de xuño. O obxectivo desta xeira de traballo é ser a primeira de varios maratóns de biodiversidade organizados polo Laboratorio a través da Fundación Montescola (entidade a cargo das actividades de prospectiva comunitaria, voluntariado e educación medioambiental do Laboratorio), para deste xeito “descubrir e poñer en valor o rico patrimonio natural dos montes veciñais participantes situados en Rianxo, Porto do Son e Lousame”.

Esta primeira actividade realízase en Froxán, Lousame, que en 2017 foi recoñecido polo Programa das Nacións Unidas para o Ambiente como unha das “Áreas Conservadas por Pobos Indíxenas e Comunidades Locais” (ICCA, nas súas siglas en inglés). Entre os seus espazos de interese inclúese Campo de Lamas, turbeira incluída este ano pola Xunta no Inventario de Zonas Húmidas de Galicia.

A xornada estará guiada por un equipo de biólogas e biólogos voluntarias e valerase da aplicación iNaturalist, de acceso libre e gratuíto, que conta cun proxecto específico para Froxán. O evento, aberto a todos os públicos e idades, comezará ás 10 da mañá cunha presentación da xornada e do espazo, así como da propia app para quen a utilice por primeira vez. É necesaria inscrición para participar, que deberá realizarse enviando un correo electrónico a info@montescola.org ata o venres 31 de maio.

Outras convocatorias

Sábado 22 de xuño | Eliminación de acacias no monte de Taragoña

Inicio ás 9.30 no Campo Maneiro

Inscrición antes do 20 de xuño

Domingo 30 de xuño | Eliminación de acacias no monte de Baroña

Inicio ás 9.30 no Centro de Transformación de Baroña

Inscrición antes do 27 de xuño

Sábado 13 de xullo | Eliminación de acacias no monte de Campelo, O Vilar e Cerqueiras

Inicio ás 9.30 no punto de auga do acceso a Cerqueiras e Vilar

Inscrición antes do 11 de xullo

Innovación comunitaria

Estas convocatorias á participación cidadá forman parte da liña de acción do Laboratorio Ecosocial do Barbanza liderada por Montescola, que está dirixida a promover o traballo en rede. A través destas accións, o Laboratorio profunda na súa integración nas dinámicas sociais locais, implicando directamente ás comunidades participantes.

Mediante programas de formación, voluntariado e educación ambiental, búscase capacitar e apoderar ás comunidades, implicalas na xestión activa do territorio, e sentar os alicerces para unha maior conciencia ambiental ligada ao territorio por parte dos máis novos.

Apoio

O Laboratorio Ecosocial do Barbanza conta co apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Paz profesional”. Alberto Barciela

“Paz profesional”. Alberto Barciela

En los primeros días de la Guerra Civil española, contemplando una parada militar en la rúa del Villar de Santiago, preguntaba un paisano a otro: “a ti que che parece todo isto?” El otro le contestó, “por un lado ti xa ves e polo outro, que queres que che diga?” A lo...

“10 años del reinado de Felipe VI” – Manuel Domínguez

“10 años del reinado de Felipe VI” – Manuel Domínguez

Se cumplen diez años del reinado de Felipe VI, el paso de los diez años se nota en su rostro, se nota en que las niñas crecieron, la heredera al tono, ya esta pasando por las fuerzas armadas, mas tarde complementara con otros estudios. La cosa, es la pregunta obvia,...