O Festival Caramiñas da Pobra funde folclore e letras galegas este domingo 5 no Teatro Cine Elma

02 Maio 2024

Como xa é habitual por estas datas, a Asociación de Amas de Casa, Consumidores e Usuarios Caramiñas bota a andar un novo Festival Caramiñas, que conta coa colaboración da Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal.

Terá lugar no domingo 5, ás 20.00 horas, no Teatro Cine Elma, se ben a apertura de portas será ás 19.30 horas.

Baixo o nome Tradición e Luísa Villalta, esta xornada de canto, baile e música tradicional da Escola de Baile e Pandeireta Caramiñas estará precedida dunha introdución á vida e obra da poeta, ademais de lles dar lectura a poemas durante o transcurso desta actividade.

Ao coincidir co Día da Nai, faráselles tamén unha homenaxe ás nais. Participará, así mesmo, o grupo de música tradicional Caraveiros.

Con respecto a isto, a concelleira da Cultura, Patricia Lojo, manifestou que se trata “dunha cita tradicional como antesala á programación polo Día das Letras Galegas, poñendo o foco, con esta acción, na nosa música”.

A entrada é libre ata completar a cabida.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.