O espectáculo “A Maxia de Europa” de Europe Direct A Coruña chega este martes a Rianxo

07 Maio 2024

Europe Direct A Coruña (Deputación) organiza unha actividade lúdica e máxica que levará durante o mes de maio os valores, símbolos e oportunidades da Unión Europea a media ducia de concellos da provincia adheridos á rede Europa no teu Concello. Trátase do espectáculo itinerante A Maxia de Europa, que percorrerá Rianxo, Carral, Vedra, A Laracha, Pontedeume e Narón entre o 7 e o 15 de maio como parte da conmemoración do Día de Europa, que se celebra o 9 deste mes. A cita de Rianxo será este martes 7 de maio ás 18.00 horas no Centro Cultural Vicente Vidal de Leiro.

A Maxia de Europa reúne xogos, trucos, ilusións e humor para realizar unha viaxe máxica e dinámica para maiores e pequenos a través dos valores, símbolos, beneficios e algún dos programas da Unión Europea. O público asistente poderá seguir os trucos de maxia realizados coas bandeiras europea e dos estados membro ou a moeda común, entre outros elementos.

O espectáculo estará guiado polo mago Pedro Bugarín, un ilusionista con máis de 15 anos de experiencia no seu eido e que tamén ten vivido múltiples experiencias de mobilidade en Europa. Toda a información dispoñíbel sobre esta proposta está recollida na web da Deputación.

Europe Direct A Coruña é un centro de información oficial da Comisión Europea que pertence á Deputación da Coruña. A misión do centro, que iniciou a súa traxectoria no ano 1996, é traballar coa cidadanía, os medios de comunicación e as entidades locais cos obxectivos de implicar á poboación en temas europeos, así como proporcionar contidos sobre as políticas e as prioridades da UE. Tamén axudar á Comisión Europea a adquirir unha visión xeral das sensibilidades locais relacionadas coas súas políticas e promover a cidadanía europea activa nas escolas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.