O Concello de Ribeira adxudica servizos básicos nas parroquias de Palmeira, Castiñeiras, Carreira e Corrubedo

08 Maio 2024
O núcleo de Espiñeirido, na parroquia de Corrubedo (concello de Ribeira)

O Concello de Ribeira vén de adxudicar varias obras destinadas a mellorar a infraestrutura e o acceso a servizos básicos nas parroquias de Palmeira, Castiñeiras, Carreira e Corrubedo. Estes investimentos foron incluídos no Plan complementario ó Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal (Plan Único de Concellos) POS+ 2023.

A renovación da rede de auga para consumo na rúa do Barreiro, en Palmeira, foi adxudicada cun orzamento de 111.508,02 €e un prazo de execución de 4 meses. O propósito da actuación é o de “solucionar as roturas da liña de auga potábel” e “os problemas de escaseza no subministro, mediante a substitución das liñas existentes”, informou o Concello.

Doutra banda, o saneamento no lugar de Espiñeirido, Corrubedo, conta cun orzamento de 97.336,53 € e un prazo de execución de 4 meses. Segundo lembra o Goberno local, o núcleo “non conta con rede de saneamento, polo que se proxecta a instalación dunha liña para proporcionar o servizo á veciñanza da zona”.

Tamén se adxudicou a pavimentación, abastecemento e pluviais na rúa da Capela, en Carreira, cun orzamento de 111.386,63 € e un prazo de execución de 3 meses. Esta obra proxecta “a renovación do abastecemento da rede de auga e a rede de pluviais; así como a posterior pavimentación da rúa”.

Segundo explicou o alcalde Luís Pérez Barral, “este equipo de Goberno ten como propósito a dotación de servizos básicos de calidade en tódalas parroquias, así como a mellora da infraestrutura e a seguridade viaria, facilitando a mobilidade e a circulación de vehículos”.

Por último, a pavimentación da rúa dos Curros, en Castiñeiras, adxudicouse cun orzamento de 88.209,00 € e un prazo de execución de 2 meses; co propósito de reparar o pavimento e as fochas que presenta o mesmo.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...