O Concello de Lousame e a Fundación Amigos de Galicia achegarán as novas tecnoloxías ás persoas maiores do municipio

28 Maio 2024

O Concello de Lousame, en colaboración coa Fundación Amigos de Galicia e a Xunta de Galicia, porán en marcha a segunda edición do programa Nosos maiores, mellor acompañados. Trátase dunha iniciativa gratuíta dirixida á poboación sénior do municipio barbanzán, en especial aquelas que vivan soas, para promover un envellecemento activo mediante a súa sociabilización e dixitalización.

Baixo este obxectivo, Concello e Fundación organizarán catro sesións nas que mostrarán como manexar o teléfono móbil e os computadores para realizar xestións a través de Internet (pedir citas médicas ou coa Administración, banca electrónica…).

Serán un total de 10 horas de formación, repartidas en catro sesións, a desenvolver os luns 17 e 24 de xuño e os luns 1 e 8 de xullo. As clases celebraranse na escola do Sanguiñal, en horario de 10:00 a 12:30 horas. A participación é gratuíta, sendo preciso anotarse previamente no Departamento de Servizos Sociais de Lousame (981 820 494).

Os obradoiros contan cun simulador de caixeiro automático bancario e teléfono móbil para que, de forma práctica, as persoas maiores poidan experimentar unha aprendizaxe significativa e interiorizar as actividades propostas; tales como solicitar unha cita médica a través da aplicación móbil do SERGAS, gardar quenda no seu centro de saúde, sacar diñeiro no caixeiro, actualizar a súa cartilla ou manexar os seus teléfonos móbiles.

“Trátase duns obradoiros prácticos e sinxelos que teñen como obxectivo final favorecer a independencia dixital das persoas maiores de Lousame, para que así poidan levar a cabo as súas tarefas diarias de maneira autónoma”, explicou o Concello.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.