O Concello de Boiro recibe unha subvención da Deputación para o gasto de persoal de turismo

07 Maio 2024


O Concello de Boiro recibiu da Deputación da Coruña unha subvención por importe de 20.000 euros para o financiamento do gasto de persoal das oficinas de turismo da provincia no ano 2024. A finalidade desta liña de subvencións é fortalecer e profesionalizar o sector turístico.

Boiro conta cunha oficina de Turismo, situada no andar baixo da Casa Consistorial, aberta durante todo o ano e que recibe visitantes de xeito continuado, especialmente durante a época estival.

Ademais da información concreta do municipio e a contorna, a Oficina de Turismo de Boiro serve como punto de información do Xeodestino Barbanza Arousa e a provincia da Coruña en xeral.

O persoal de Turismo encárgase de desenvolver as actividades que se realizan durante o verán, así como atender as instalacións turísticas e ofrecer información ás persoas visitantes. Ademais, dende a Oficina de Turismo realízase a promoción do Camiño A Orixe a Santiago de Compostela con información e tamén actividades específicas para dalo a coñecer.

Boiro recibe uns 3.000 turistas no verán que se benefician dos servizos da Oficina de Turismo, así como arredor dunhas 15.000 persoas que, ao longo do ano, visitan a páxina web de turismo e se serven dos recursos que se prestan e se interesan polo destino.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.