O Concello de Boiro consulta á veciñanza para o seguimento do plan de acción para o clima e a enerxía sustentábel

27 Maio 2024


O Concello de Boiro, no marco da elaboración dun Plan de acción para o clima e a enerxía sustentábel (PACES) que ten como obxectivo crear unha folla de ruta contra o cambio climático no municipio, publica unha enquisa para que a veciñanza participe na elaboración deste documento.

Fontes do Consistorio explican que o Pacto dos Alcaldes para o Clima e a Enerxía Sustentábel é unha iniciativa europea que ten como finalidade que os gobernos locais implanten no seu territorio compromisos en materia de clima enerxía da Unión Europea. O Concello de Boiro adheriuse en 2019 con compromisos como o de reducir as emisións de CO2, aumentar a eficiencia enerxética ou aumentar o uso de enerxías limpas.

A enquisa á veciñanza, que está dispoñíbel na páxina web municipal, ten como finalidade coñecer o parecer da veciñanza para actualizar o documento que rexe a folla de ruta do Concello para reducir as emisións de CO2, cumprindo os Obxectivos de Desenvolvemento Sostíbel da ONU.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.