O Concello de Boiro celebra cos centros de ensino do municipio unha carreira de campo a través en Barraña

31 Maio 2024

O Departamento de Deportes do Concello de Boiro celebrou este venres 31 pola mañá unha carreira de campo a través para os centros de ensino do municipio na praia de Barraña. O concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo, estivo presente na entrega de premios. Participaron un total de 420 escolares de todos os centros de ensino de ensino de Boiro, de 2º a 6º de Primaria. A proba consistiu nun circuíto adaptado e con tres categorías distintas: benxamín, alevin e infantil con probas masculinas e femininas.

Na clasificación final outorgóuselle medalla aos tres primeiros clasificados de cada categoría e unha clasificación final por colexios de todos os que entran en meta en cada carreira.

O concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo, agradeceu a participación do alumnado nesta actividade “que mestura deporte e natureza ao celebrarse no marabilloso entorno da praia de Barraña“.

A actividade lévase a cabo a través do programa Xogade da Xunta de Galicia, unha iniciativa que ten como finalidade combinar o programa deportivo e competitivo cun programa lúdico e deportivo para a promoción da saúde, a condición física e o benestar.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

Pepa Millán, a portavoz de Vox no  Congreso dos Deputados, xoga a, como mínimo, dúas bandas: ou se engana ou nos engana ao enxuiciar o que acontece estes días en Ceuta onde, desde os días 30 e 31 de xullo pasado vén falando da necesidade de expulsar da cidade autónoma...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.