O Concello da Pobra convoca un proceso selectivo para formar unha bolsa de emprego de socorristas

15 Maio 2024

Trala aprobación das bases reguladoras do proceso selectivo para a formación dunha bolsa de emprego de socorristas, o Concello da Pobra do Caramiñal convocou as probas selectivas mediante concurso-oposición para a cobertura en réxime laboral temporal.

Os postos de traballo a cubrir son os de socorrista e persoal auxiliar de información e primeiros auxilios en espazos acuáticos naturais. Segundo o cargo, as persoas aspirantes deberán de cumprir uns requisitos mínimos.

No caso de que se queira optar a contratos supeditados á subvención da Xunta de Galicia dentro do Programa de salvamento e socorrismo, as persoas candidatas deberán estar rexistradas nas oficinas de emprego do Servizo de Emprego Público Estatal (SEPE) como demandantes de emprego para o posto de socorristas. A dita condición haberaa que cumprir no momento en que se formalice o contrato.

Para tomar parte na selección, presentarase a solicitude conforme o anexo I das bases a través do rexistro xeral de entrada do Concello da Pobra do Caramiñal, no horario das 09.00 ás 14.00 horas, ou por medio da sede electrónica municipal. O prazo é de 10 días hábiles, que se contarán a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia da Coruña (BOP), neste 15 de maio. As instancias tamén se poden entregar a través de calquera dos medios previstos na Lei do procedemento administrativo común das administracións públicas. Acompañando á solicitude, débense achega-las fotocopias dos documentos xustificativos.

O texto íntegro está á disposición no taboleiro de anuncios do Concello e na mencionada sede electrónica.

Outros artigos

Domingo regresa o sol e empeza a subir a temperatura

Na xornada do domingo seguiremos con aire frío en altura xerando inestabilidade atmosférica. Unha situación que favorecerá a formación de chuvascos, localmente treboentos, máis probables e frecuentes no interior e nas horas centrais do día. As temperaturas mínimas...

+

Ribeira pon en valor o traballo das mulleres no mar

O Concello de Ribeira conmemorou o Día Internacional da Muller no Sector Marítimo rendendo unha homenaxe a tres mulleres extraordinarias que dedicaron as súas vidas a unha profesión fundamental para a nosa comunidade: o marisqueo. O concelleiro de Mar, Fernando...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Día das Letras Galegas 2025”. Manuel Dominguez

“Día das Letras Galegas 2025”. Manuel Dominguez

Andrés do Barro, cantante, compositor de soul galego, grandes éxitos dende 1975 onde as linguas do Estado foron confinadas, censuradas, ata acadar o primeiro posto nas listas dos discos máis vendidos en España tres veces seguidas: primeiro en 1969 con O trem , logo en...