O BNG de Rianxo pide que o SERGAS faga unha correcta cobertura sanitaria da poboación

24 Maio 2024

Dende o BNG de Rianxo, manifestan unha profunda preocupación pola situación actual do sistema de saúde pública no Concello. A falta preocupante de facultativos, din, é un tema de extrema urxencia que require acción inmediata por parte do novo equipo de xerencia do Sergas.

No Centro de Saúde de Rianxo, constatan que falta un médico/a de familia das catro prazas de mañá que deberían estar cubertas. Ademais, tres das catro prazas totais de chamadas deslizantes tamén están sen cubrir, xunto coas tres prazas do PAC. Esta carencia de persoal médico resulta en dificultades para acceder a citas médicas, con algúns pacientes agardando até tres semanas para ser atendidos.

A situación tense agravado ás portas do verán, con permisos vacacionais e un aumento da poboación debido á chegada de turistas. Tradicionalmente, especialidades como a pediatría non son cubertas durante este período, o que incrementa a preocupación. A medio prazo, a perspectiva de xubilacións de facultativos en toda a comarca agrava a situación.

Ante esta realidade, o BNG di que é imperativo que se tomen medidas axeitadas para garantir un servizo de saúde adecuado para os veciños de Rianxo. Por iso, propoñen ao pleno da Corporación a adopción das seguintes medidas:

  1. Crear unha comisión especial para a mellora dos servizos do centro de saúde, integrada por representantes da corporación xunto con usuarios dos servizos e persoal traballador do centro.
  2. Reunir a dita comisión.
  3. Instar á xerencia do Sergas a manter unha xuntanza con dita comisión especial para garantir a cobertura das ausencias.
  4. Apoiar as mobilizacións da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública nas súas demandas na nosa bisbarra.

Outros artigos

Noia legaliza o seu Punto Limpo

O Concello de Noia vén de culminar o proceso de legalización do Punto Limpo municipal, poñendo fin a unha situación administrativa que segundo lembrou o Goberno local, “víase arrastrando desde hai anos”. A legalización constitúe “un paso importante para mellorar a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.