O Atlantic Fest de Vilagarcía xa ten cartaz completo

20 Maio 2024

A edición 2024 do Atlantic Fest de Vilagarcía compartiu o seu cartel completo, unha listaxe de artistas e grupos formada polas novas incorporación (Depedro, Carlos Sadness, Carlos Ares, Florent y Yo, Alcalá Norte, Dani Dicostas, Las Dianas, Grande Osso e Rocío Saiz DJ), que se unen aos xa confirmados: Mika, Los Planetas (celebrando o 30 aniversario de Super 8), Crystal Fighters, Sílvia Pérez Cruz, Andrés Suárez, Sidonie, Derby Motoreta’s Burrito Kachimba, Elefantes, Cariño, Luís Fercán, The Parrots, Gazella e Rocío Saiz.

A música volverá soar na praia da Cuncha de Vilagarcía de Arousa os días 19, 20 e 21de xullo con dous escenarios: Galicia e Vibra Mahou.

Atlantic Fest conta de novo co apoio de Vibra Mahou, a plataforma de música de Mahou Cinco Estrelas que impulsa os encontros ao redor do directo cuxo escenario estará en funcionamento o 19 e 20 de xullo na dita praia e co apoio de Xunta de Galicia, a través de Turismo de Galicia, que contará co escenario Galicia, con programación os días 20 e 21de xullo tamén no devandito areal arousán.

Depedro, Carlos Sadness, Carlos Ares, Florent y Yo, Alcalá Norte, Dani Dicostas, Las Dianas, Grande Osso e Rocío Saiz Dj son as novas incorporacións.

Quen precise máis información ou facerse con entradas para o festival pode visitar a web do evento en atlanticfest.com.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El que se pica…, ajos come”. José Fernández Lago

“El que se pica…, ajos come”. José Fernández Lago

A la luz de lo que se escucha estos días a nuestro alrededor, he estado dudando en mantener ese título en mi artículo, o sustituirlo por otro como que “El poder corrompe”. Existen dichos que hemos recibido de nuestros antepasados, y que no podemos aplicarlos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.